Un móbil chinés cunha autonomía de 1 ano en espera

martes, 18 de marzo do 2008 Marcus Fernández

De China chegan de cando en vez terminais de telefonía móbil que sorprenden con prestacións coas que non contan terminais telefónicos de marcas de recoñecida sona, coma o LionKing800, que parece un móbil bastante normal de 120 x 65 x 20 milímetros, cunha pantalla de 3,5 polgadas (cunha resolución de 320 x 240 píxeles), lector de tarxetas de memoria microSD (inclúe unha de 256 Mb), Bluetooth 2.0, cámara frontal e traseira, compatible con redes GSM900 e DCS1800 e soporte para SIM dual. Pero ó ver a capacidade da súa batería de litio, que é de 16.800 mAh, o que nunha autonomía de entre 3 e 5 días en conversa e un ano en espera.
Está claro que resulta difícil comprobar se o móbil é capaz de aguantar 365 días en espera, pero resulta unha prestación espectacular para un terminal que se vende a 145 dólares (92 euros).

PUBLICIDADE