Presentan o Asus Eee PC 900 durante o CeBIT

martes, 4 de marzo do 2008 Marcus Fernández

Co gallo do CeBIT, Asustek presentou un agardado novo modelos do seu popular Asus Eee PC, que destaca por incrementar o tamaño da súa pantalla de 7 polgadas a 8,9, o que tamén permite incrementar a súa resolución ata 1.024 x 600 píxeles, o que mellora especialmente a navegación a través da Internet (onde a resolución de 800 x 480 quedaba curta en moitos casos).
Esta versión mellorada do portátil de baixo custo de Asus tamén inclúe 1 Gb de memoira e 12 Gb de disco de memoria sólida. O Eee PC 900 apenas varía o tamaño exterior de modelos anteriores, pero coma contrapartida podería estar un descenso na súa autonomía, que quedaría entre as 2,5 e as 3 horas e se venderá a mediados de ano a uns 399 euros.
Podemos ver un vídeo no que se compara o Eee PC 900 co seu irmán pequeno, o Eee PC 700:

PUBLICIDADE