Publican na web un xogo Anti-Pacman

luns, 18 de febreiro do 2008 Marcus Fernández

Sugar Free Games (xogos sen azucre) ofrece na súa web distintos videoxogos de balde en formato Flash, de xeito que se poden empregar sen instalalos no ordenador, directamente no navegador de Internet, que nos deixa impresionados revisando o popular e icónico Pac-Man, invertendo o noso papel, de xeito que en vez de encarnar ó comecocos, nos permite manexar ás 4 pantasmas que o perseguen por un labirinto.
En Anti-Pacman podemos mover as pantasmas cos cursores do ordenador, podendo seleccionar a cada unha coas teclas do 1 ó 4, de xeito que hai que desprazarse coordinadamente para acurralar a Pac-Man. Todo un reto para os que gustan de dar a volta ás tornas.

PUBLICIDADE