Disney xestionará unha canle de TDT en España
xoves, 14 de febreiro do 2008
- José Manuel Vargas e John Hardie durante a sinatura do acordo entre Vocento e Disney
The Walt Disney Company Iberia asinou un acordo con
Vocento de xeito que se
fixo cun 20% adicional de Net TV para acadar o control accionarial da canle
de televisión dixital terrestre (completando o 55% das participacións) o que a
xuÃzo do conselleiro delegado de Vocento, José Manuel Vargas, «demostra o interese de Disney polo
desenvolvemento da TDT».
Pola súa banda, John Hardie, vicepresidente executivo de Walt Disney Television
Europe, Middle East and Africa, sinalou que a súa estratexia «consiste en ampliar ó máximo posible a
distribución da nosa programación e este acordo é un paso máis cara a ese
obxectivo. Consideramos que a TDT nos ofrece unha excelente oportunidade de
negocio para o futuro e estamos encantados de fornecer a nosa presenza no
mercado televisivo español con este acordo».
A operación permitirá que Disney xestione
os contidos dunha das canles televisivas en TDT de Vocento, da que aÃnda
non están definidos os contidos (nin se a canle cedida será Net TV ou Fly
Music).