Playboy volve homenaxear ás mozas dos videoxogos

venres, 28 de decembro do 2007 Marcus Fernández

Sarah Morrison, do xogo Tabula Rasa

En outubro de 2004 a revista Playboy publicou un especial sobre as voluptuosas mulleres xeradas por ordenador que aparecen en videoxogos coma Tekken, Mortal Kombat ou BloodRayne, nun intento de abrirse a un público máis amplo que se asemella moito ó perfil dos seus lectores (pois en 2004 se estimaba que os usuarios de videoxogos eran varóns nun 85% dos casos e cunha idade media de 33 anos) e parece que a iniciativa calou, pois se repetiu nos seguintes anos, de xeito que no número de xaneiro será a cuarta homenaxe da revista norteamericana ás heroínas dos videoxogos actuais.
Nesta ocasión as mozas virtuais que aparecerán lixeiras de roupa en Playboy serán Keaira de Age of Conan: Hyborian Adventures, Morenn de The Witcher, Yoko Retomoto de Kane & Lynch, A’Kanna de Conan,Church e Black de Clive Barker’s Jericho e Sarah Morrison de Tabula Rasa.
Ante a impaciencia dalgúns lectores, na Internet xa se poden ver as páxinas da revista para adultos, e xa hai que bota en falta a Cortana, a intelixencia virtual holográfica que aparece en Halo 3.

PUBLICIDADE