Os menores de 30 anos terán dominios .es de balde

mércores, 26 de decembro do 2007 Marcus Fernández

O Consello de Ministros aprobou o programa Jóvenes en Red co obxectivo de fomentar a presenza persoal e social dos mozos españois na Internet, nunha iniciativa englobada na nova Lei de Medidas de Impulso da Sociedade da Información (LISI) que permitirá que os novos de ata 30 anos poidan acadar de balde un dominio .es, así como as ferramentas para a creación de páxinas web durante o primeiro ano.
Para facer posible esta campaña crearase unha web dende a que os interesados poderán rexistrar o seu nome de dominio .es, e xestionar as súas webs ás que poderán dotar de funcionalidades coma blogs, ligazóns a redes sociais ou álbums multimedia (non esquecendo o correo electrónico baixo o novo nome de dominio).
Jovenes en Red comezará o 15 de xaneiro de 2008 e constará dunha primeira campaña de difusión de 6 meses de duración, investíndose no programa un total de 3 millóns de euros en 2008 e 1 millón de euros anuais a partir de 2009.

PUBLICIDADE