Fíltranse imaxes dos Toshiba Portégé G910 e G920

luns, 17 de decembro do 2007 Marcus Fernández

O impresionante teléfono intelixente Toshiba Portégé G900 parece que terá pronto un sucesor, pois se filtraron imaxes do que serían os modelos G910 e G920. Estes novos terminais continuará a contar con pantalla WVGA (800 x 480 píxeles) de 3 polgadas e o sistema operativo Windows Mobile 6, e tamén terá un teclado deslizante QWERTY, pero que se podería inclinar para facer máis doado o seu uso coma se fose un ordenador portátil (como fai o HTC TyTN II).
Os novos terminais serían tribanda, soportarían banda larga móbil, Bluetooth, Wi-Fi e USB 2.0, incorporarán unha cámara fotográfica con flash e outra para videochamadas. Tamén contará con lector de tarxetas microSD para ampliar a súa capacidade de almacenamento.
Á espera do lanzamento definitivo destes móbiles (que poderían incorporar GPS nunha das 2 versións) podemos asegurar que os terminais serán todo un referente entre os equipos de alta gama.

PUBLICIDADE