Street Fighter II actualizarase para as consolas de alta definición
xoves, 25 de outubro do 2007
Os amantes dos xogos de loita en dúas dimensións coma
Street Fighter están ansiosos por que
cheguen tÃtulos deste estilo ás consolas de última xeración, pero o Street Fighter IV
parece que se vai facer de rogar (agárdase o seu lanzamento para 2009), pero
mentres poderán satisfacer as súas arelas cun remake do clásico Street
Fighter II.
|
Ata o momento sabemos que Super
Street Fighter II HD Remix será unha adaptación do xogo de loita máis
importante da historia para as consolas Xbox 360 e PlayStation 3, o que supón
un reto no tocante á súa aparencia gráfica, xa que teñen que refacer todo o
aspecto visual do xogo para a alta definición respectando o xogo orixinal de
1991, e para esta tarefa Capcom conta coa colaboración do estudo Udon
(responsable dos comics de Street Fighter nos EE.UU.).
Temos asà que o xogo contará cun redebuxado dos personaxes e fondos cunha
definición que dará a impresión de que estamos a ver debuxos animados en vez
dun vello videoxogo, e que poderá marcar un novo camiño que afastará ás novas
consolas da emulación de xogos de 16 bits para levalas á recreación dos mesmos
para que tiren proveito da potencia das novas máquinas.
Ata o momento só podemos ver un vÃdeo de baixa calidade
do xogo funcionando e algunhas
capturas de pantalla que deixan constancia do coidado que está a ser o
apartado gráfico deste xogo.