Unha nova empresa quere potenciar a impresión baixo demanda

martes, 23 de outubro do 2007 Marcus Fernández

Bubok é unha nova iniciativa empresarial de José Luis Delgado Guitart, Secuoyas e evoluZiona que pretende converterse nunha plataforma de impresión dixital de libros baixo demanda que algúns comparan con Lulu, aínda que parece ter outra filosofía de negocio, a que non parece tratarse dunha editorial senón dun servizo de impresión que pretende evitar os problemas ocasionados pola obriga de facer grandes tiraxes para os autores que queiran autopublicarse.
Este novo servizo pretende estar operativo en abril de 2008 (para celebrar o Día do Libro), e vai presentarse en sociedade o vindeiro día 6 no Foro Internacional de Contidos Dixitais (FICOD) no IFEMA.
Para o desenvolvemento deste servizo os seus responsables pretenden apoiarse na comunidade de usuarios da Internet, de xeito que convidan á xente a participar en probas de usabilidade presenciais, a converterse en beta-testers, a presentar obras para a súa publicación ou, simplemente, a falar do asunto para promovelo.

PUBLICIDADE