Reuters proba un sistema de recoñecemento facial nos seus vídeos

mércores, 19 de setembro do 2007 Marcus Fernández

A axencia Reuters está a experimentar co sistema de recoñecemento facial de Viewdle aplicado ós vídeos coas súas novas, de xeito que, cando queremos buscar informacións dunha persoa en concreto poderemos atopar reportaxes videográficas nas que aparece aínda que non se conte cunha descrición exhaustiva do contido do corte de vídeo.
O introducir un nome de persoa o sistema devolve unha listaxe de vídeos dos que informa da súa data de publicación, da súa duración e da parte do vídeo na que se detectou a presenza do personaxe no que estamos interesados.
Pero este sistema aínda vai máis alá, e así, mentres vemos un vídeo de David Beckham podemos premer na cara da súa dona, Victoria, para buscar vídeos relativos á súa persoa, de xeito que as caras recoñecidas actúan coma ligazóns.
Este sistema poderá ter moita utilidade na consulta de novas, pois engade unha interacción nos vídeos que ata o momento parecía impensable.

PUBLICIDADE