A PSP renovada chega ás tendas españolas

mércores, 5 de setembro do 2007 Marcus Fernández

Sony España lanza hoxe a revisión da súa consola portátil, de xeito que xa está á venda a PSP Slim & Lite que ofrece unha batería máis eficiente, un lector de discos UMD máis rápido, pesa un 33% menos e é un 19% máis final, conservando o tamaño da pantalla orixinal e permitindo ver os contidos da consola no televisor de casa.
O prezo da nova consola é de 169,99 euros e está dispoñible en 3 cores: negro brillante, branco porcelana e prata brillante.
Esta nova consola estreará cores no Nadal, cando se ofrecerá en packs con xogos, de xeito que haberá unha edición limitada en cores vermella e negra co xogo Spider-Man 3 e outra amarela co xogo dos Simpson.

PUBLICIDADE