O Faro de Vigo renova a súa páxina web

mércores, 8 de agosto do 2007 Marcus Fernández

O xornal decano da prensa española, o Faro de Vigo, renovou hoxe a súa páxina web, que pretende consolidarse como referente informativo para a área metropolitana de Vigo.
A nova web cambiou a súa imaxe profundamente para levar ó lector unha información clara e detallada da actualidade, que vai dende a modificación do aspecto visual como da estrutura organizativa, resultando así máis cómoda a súa exploración.
O Faro de Vigo tamén se achega así á Web 2.0 permitindo ó lector a participación na súa web mediante comentarios e impresións sobre os acontecementos de interese. O usuarios tamén pode participar en foros, enquisas e blogs (que se irán incorporando paulatinamente).
Tamén se irán enriquecendo os contidos multimedia da nova web, para atender á demanda crecente deste tipo de contidos.

PUBLICIDADE