O psiquiatras norteamericanos negan que os videoxogos provoquen adicción

luns, 25 de xuño do 2007 Marcus Fernández

A guía utilizada pola Asociación Americana de Psiquiatría para a diagnose de enfermidades mentais non incluirá como doenza a adicción ós videoxogos tras un intenso debate no que se argumentou que a problemática que afecta a un 10% dos xogadores tras un uso excesivo de videoxogos e xogos en liña non é comparable a desordes coma o alcoholismo ou outros abusos de substancias, polo que falar de adicción resultaría excesivo.
De feito, o uso de videoxogos se demostrou beneficioso para o tratamento de desordes coma o autismo, e incluso coma método relaxante ou analxésico para cativos.
O expertos indicaron que as aparentes adiccións ós videoxogos non respondían a unha relación causa-efecto, ou sexa, que hai cativos que teñen certa tendencia a comportamentos compulsivos nos que os videoxogos poden ser circunstanciais, polo que sería preciso máis estudios antes de poder falar dunha adicción real.

PUBLICIDADE