Freetube permite ver a televisión sen televisor (nin software adicional)

venres, 22 de xuño do 2007 Marcus Fernández

A aparición de plataformas televisivas a través da Internet non para de medrar, pero habitualmente se basean en vídeos baixo demanda ou en solucións baseadas nunha aplicación software, polo que a web Freetube destaca entre todos por abrir o acceso a unha chea de canles televisivos que se poden ver directamente dende a web, sen precisar da instalación de software adicional.
Os contidos de Freetube están divididos en categorías segundo a súa temática, e permiten ver a pantalla completa as canles con só facer dobre click sobre a emisión en directo, de xeito que achega un sinxelo e cómodo xeito de ver informativos, series, películas, webcams e mesmo contidos para adultos sen precisar dun televisor, aínda que a meirande parte dos contidos estean en inglés.

PUBLICIDADE