El Koala inaugura a versión española de YouTube

martes, 19 de xuño do 2007 Marcus Fernández

Google anuncia que a partires deste martes ten versións locais de YouTube para 9 países, entre os que se atopa España, de xeito que agora se pode ver servizo de vídeo en español, quedando traducida completamente a interface de uso da web.
Aparte da diferenciación lingüística, as novas versións locais permitirán realizar clasificacións dos vídeos e comentarios propios de cada país, polo que poderemos coñecer os vídeos máis populares en España.
Para a estrea da versión española de YouTube na web tamén se pode ver en exclusiva o último videoclip de Jesús Rodríguez El Koala, que canta a canción Mi Carro con Manolo Escobar, agardando repetir o éxito que acadou o peculiar cantante o verán pasado co seu Opá, yo viazé un corrá (que acadou millóns de visualizacións en YouTube):.

PUBLICIDADE