McCartney adianta o seu vindeiro traballo no YouTube

mércores, 23 de maio do 2007 Fernando Sarasketa

O ex beatle Paul McCartney anda estes días enleado na Rede. Primeiro foi a nova de que vén de poñer as súa cancións en solitario no mercado en liña (dende o primeiro disco até Chaos and creation in the backyard de 2005) e agora apostar de novo pola Internet para presentar a súa nova canción en YouTube, Dance Tonight, a carta de presentación do que vai ser o seu vindeiro traballo discográfico, Memory Almost Full, que estarás nas tendas (reais e virtuais) a partir deste 11 de xuño.
O vídeo en cuestión, no que por certo aparece Natalie Portman, foi dirixido por Michel Gondry, o mesmo que nos deleitou recentemente coa Ciencia do soño e hai uns tres anos con Eternal sunshine and the spotless mind (que en España apareceu nas salas co infame título de Olvídate de mí, título que, precisamente, é mellor esquecer).
Polo visto, foi precisamente este ultimo filme o que animou ó ex beatle a establecer contacto co seu director para poñer as imaxes do seu primeiro single. A xulgar polos comentarios e as votación dos usuarios, a mestura de talentos deu bos froitos.

PUBLICIDADE