Jakob Nielsen critica a falta de usabilidade da Web 2.0
martes, 15 de maio do 2007
O gurú da accesibilidade web, Jakob Nielsen, critica
abertamente as páxinas web que se identifican coa Web 2.0 por estimar que
abrazaron a interactividade coma un valor primario, esquecendo o básico dunha páxina
web.
Así, as webs deben ser fáciles de usar, polo que o seu deseño non debe ser algo
que se poida deixar de lado en favor as ferramentas de interrelación entre
usuarios. Nielsen afirma que “a idea de
comunidade, de contido xerado polo usuarios e de páxinas web máis dinámicas non
é inherentemente mala” pero a Web 2.0 non debe
distraer das funcionalidades básicas que permita un uso doado de tales
webs.
Tamén destaca a famosa pirámide do 1%, que indicará que o 1% dos usuarios da
web son creadores de contidos, o 9% son contribuidores e o 90% só consumen,
polo que a meirande parte dos usuarios da web no empregan as ferramentas Web
2.0 ás que se lles está a dar tanta importante, mentres que os deseñadores
deberían ter máis en conta este tipo de uso da web.
Nielsen destaca que para a meirande parte dos usuarios as páxinas web só son
unha ferramenta e non un fin en si mesmo, polo que tras atopar os contidos que
desexan, abandonan a páxina, de aí que haxa que coidar este tipo de consumo.