Martín Varsavsky regalar routers para achegar novos usuarios á rede FON

martes, 17 de outubro do 2006 Marcus Fernández

Martín Varsavsky amosa a FoneraO emprendedor Martín Varsavsky está intentar popularizar en todo o mundo unha comunidade de usuarios que comparten a través de Wi-Fi os seus accesos á Internet, presentando dúas modalidades de membros: Linus (que comparten a súa conexións á Internet a cambio de poder acceder ás conexións doutros usuarios) e Bill (que cobran polo uso da súa conexión).
FON é así unha orixinal iniciativa que conta con respaldo económico que lles permitiu a produción dun router específico para esta rede (La Fonera), e que conectado directamente a un módem de cable ou a un router ADSL permite o acceso á Rede a través de Wi-Fi, creando dunhas redes Wi-Fi para tal fin (unha para uso privado e outra para os usuarios externos). Estes sinxelos routers os están a vender a través da Internet por 5 euros (ós que hai que sumar uns 12 euros en concepto de gastos de envío), pero Varsavsky podería ver como o número de usuarios de FON medra de súpeto grazas ó seu ofrecemento de agasallar cunha Fonera a cada usuario de BandaAncha ou de Menéame que o solicite. Tamén abre a invitación a xente que fixera comentarios no seu blog, ou sexa, que Varsavsky correrá co custe do router e dos gastos de envío de moitos internautas que se animarán así a participar na que pretende ser a rede Wi-Fi máis grande do mundo.
FON é unha iniciativa con moi boa sona na Internet (precisamente polo bo trato que dá Varsavsky a blogueiros e internautas) pero que xa se puxo en dúbida coma negocio, e incluso un estudio desvelou que só 3.674 routers dos 55.384 que había no momento da análise estaban conectados, ou sexa, que os usuarios de FON estarían a aproveitar as promocións de routers baratos para uso persoal, e non pasarían a integrarse na comunidade que pretenden conformar, polo que a futura rede Wi-Fi que podería incluso supor unha ameaza para as operadoras de telefonía (xa que se podería empregar para facer chamadas VoIP) estaría moi lonxe de ser unha realidade. Supomos que esta nova iniciativa de Martín Varsavsky procuraría cambiar a tendencia, e promovería FON valéndose do bo rollito de agasallar routers.

PUBLICIDADE