Código Cero

A UDC impulsa as vocacións científicas e tecnolóxicas entre as mozas coa I STEM Talent Girl
A Universidade da Coruña acolleu antonte, na Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas, o acto de inauguración da primeira edición de STEM Talent Girl na cidade. Trátase dunha iniciativa da Fundación ASTI que busca espertar, desenvolver e consolidar as vocacións científicas e tecnolóxicas entre as mozas, achegándoas ás disciplinas STEM (ciencia, tecnoloxía, enxeñaría e matemáticas).

O programa, que conta coa colaboración local de Cabreiroá, está dirixido a alumnas de Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e estudos universitarios. A través de actividades formativas, encontros con profesionais e accións de orientación académica e laboral, “ofrece ás participantes a oportunidade de coñecer diferentes ámbitos científicos e tecnolóxicos, entrar en contacto con referentes femininos e recibir acompañamento no seu desenvolvemento académico e persoal”, informou a Universidade da Coruña.

O acto inaugural reuniu as alumnas participantes nesta edición, xunto coas súas familias, mentoras, representantes de centros educativos e entidades colaboradoras, e marcou o inicio do programa na cidade da Coruña.

STEM Talent Girl é un programa nacional e gratuíto, cunha duración de oito meses, que ten como obxectivo “promover o talento feminino nos ámbitos científico e tecnolóxico e contribuír a combater os nesgos de xénero que poden condicionar as eleccións académicas e profesionais das mozas”.

A iniciativa conta cunha comunidade de máis de 9.000 participantes e dispón de 15 sedes presenciais en Castela e León, Estremadura, Madrid, Málaga, Valencia e Zaragoza, ás que se suma este ano, por primeira vez, a cidade da Coruña, ademais dunha sede en liña.

A programación adapta os seus contidos ás distintas etapas educativas e inclúe obradoiros científicos e tecnolóxicos, visitas a contornas profesionais, encontros con mentoras, retos de divulgación e proxectos STEM, así como actividades de orientación vocacional e empregabilidade.

Xuventude Crea 2026 premia tres videoxogos da Coruña, Cuntis e Campo Lameiro
A Xunta de Galicia premiou na modalidade de creación de videoxogos do Xuventude Crea 2026 os proxectos Inspector Sommers in: Ourobori an Madness, Depths’Tale e Chroma Tales, ideados por rapazada da cidade da Coruña e das localidades pontevedresas de Cuntis e Campo Lameiro, respectivamente.

Na final desta categoría, celebrada na Cidade da Cultura, resultou gañador co primeiro premio Inspector Sommers in: Ourobori an Madness, do equipo da Coruña formado por David Pazos, Laura Añel Simes, Laura Longueira, Álvaro Villanueva, Lide García, Ismael Otálora e Juan David Carballeira. A proposta baséase nun xogo que procura crear unha historia, mecánicas e experiencia innovadoras, a través dun relato ambientado na Guerra Fría con viaxes no tempo e solución de crebacabezas.

Pola súa banda, o videoxogo Depths’Tale fíxose co segundo galardón do Xuventude Crea desta edicións, ideado por Alexandre Gosende, Regina Touceda, Fadi Abdukkader e Aarón Rey, orixinarios do municipio pontevedrés de Cuntis. A súa iniciativa céntrase nas pericias dun pescador solitario que traballa de noite en mar aberto e na que destacan a música, o deseño sonoro e a ambientación visual.

Finalmente, a terceira distinción recaeu no proxecto Chroma Tales, ideado por Silvia Fernández, Diego Vilariño, Carolina Nickelle e Sara Teresa Romero, da localidade pontevedresa de Campo Lameiro. Neste proposta preséntase a historia dun mago que repara vidreiras mentres procura a inspiración perdida. O xurado do certame valorou a calma coa que se convida a desfrutar da experiencia deste xogo.

A modalidade creación de videoxogos é unha das 15 especialidades que compoñen a convocatoria do Xuventude Crea 2026, que segue a consolidar a seu interese entre a mocidade galega con preto de medio milleiro de persoas inscritas este ano e que celebrará a gala cando rematen todas as finais das diferentes categorías.

A iniciativa chega este ano á súa décimo sétima edición sendo un programa consolidado e con prestixio no eido cultural e artístico galego, no que xa participaron preto de 6.000 mozos e mozas, con 4.000 obras e proxectos creativos e no que se repartiron preto de 700 premios por un importe total superior ao millón de euros e 89 mencións de honra.

A UDC celebrou a primeira edición de Abastos de Ciencia
A Universidade da Coruña celebrou este sábado 7 de novembro a primeira edición de Abastos de Ciencia, unha iniciativa que converteu o Mercado de San Agustín da cidade nun espazo de encontro entre a divulgación científica, a experimentación e a gastronomía. A proposta, enmarcada no proxecto InPacto, combinou obradoiros participativos, mesas redondas e actividades gastronómicas e culturais co obxectivo de achegar a investigación universitaria á cidadanía e a públicos de todas as idades.

As persoas asistentes tiveron a oportunidade de coñecer de preto o traballo investigador que se desenvolve nos diferentes centros, facultades e grupos da UDC, a través dunha programación que abrangueu disciplinas tan diversas como a fisioterapia, a informática, a enxeñaría, a economía, a sustentabilidade, a educación, a historia, a xeoloxía e as ciencias sociais, entre outras.

Durante esta cita coa ciencia celebráronse catro mesas redondas protagonizadas por persoal investigador Ramón y Cajal da UDC, que desenvolve a súa actividade en diferentes centros de investigación da universidade, como o CICA, o CITEEC, o CITENI e o CITIC. Os encontros permitiron abordar cuestións de actualidade científica desde perspectivas multidisciplinares.

A primeira conversa (Un planeta en transformación: pasado, presente e futuro), contou coa participación de Armand Hernández Hernández, Pablo Pita Orduna, Blanca Moncunill Solé e Luis Alejandro Blanco Calvo. A segunda, Comprender o invisible: modelos, simulacións e novas tecnoloxías, reuniu a José Luis Rodríguez Sánchez, Jose A. Iglesias Guitián e Antonio José Álvarez Naveira.

Tras unha pausa para o café, a programación continuou coa mesa As fronteiras da medicina: detectar, tratar e rexenerar, na que participaron Juan Antonio Fafián Labora, Aurora Rodríguez Rodríguez, María Elena Rodríguez García-Rendueles e Ana Rey Rico. A última das conversas, Cerebro e vida cotiá: como pensamos, nos comunicamos e regulamos o corpo, contou coa participación de José Luís Pardo Vázquez, Silvia Martínez Ferreiro, Luís Varela Fernández e Diego Álvarez Estévez.

Obradoiros para experimentar coa ciencia

Ademais das mesas redondas, Abastos de Ciencia ofreceu unha ampla programación de actividades prácticas e participativas que permitiron achegarse á investigación universitaria desde diferentes ámbitos do coñecemento. Así, desenvolvéronse diversos obradoiros simultáneos e abertos a todos os públicos, propostas que abrangueron temáticas moi variadas, desde a saúde e a evolución humana ata a informática, a intelixencia artificial, a computación cuántica e a enxeñaría. As persoas asistentes puideron coñecer estratexias para o manexo da artrose de xeonllo, experimentar coa xeración de enerxía eólica, descubrir como se aplican os algoritmos ao estudo do sono ou explorar os principios da mecánica cuántica a través de xogos e demostracións.

A programación veu da man de persoal investigador de diferentes facultades, dos centros de investigación da UDC e de interuniversitarios como ECOBAS.

O CCG pon en liña cinco epístolas conservadas de Ramón Otero Pedrayo a Ramón Cabanillas
O Consello da Cultura Galega puxo na Rede cinco epístolas conservadas de Ramón Otero Pedrayo (Ourense, 1888-1976) e Ramón Cabanillas (Cambados 1876-1959). “Son só cinco cartas, pero abondan para revelar a amizade duradeira entre dúas figuras destacadas da cultura galega”, sinala o CCG, engadindo que nelas abrolla a fonda conexión intelectual e humana que os uniu durante décadas, así como as viaxes, as soidades, os desterros e os silencios que marcaron as súas vidas.

A iniciativa coincide co cabodano de Cabanillas (este 9 de novembro). A edición e estudo vén da man de Francisco Fernández Rei, do Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela.

As cinco epístolas, conservadas por Aurora Vidal Cabanillas, neta e afillada do poeta, forman parte do legado da Familia Cabanillas, depositado no Arquivo do Museo Ramón Cabanillas do Concello de Cambados. A súa publicación intégrase no proxecto Epístola, dedicado á recuperación e difusión do patrimonio epistolar galego.

Segundo informa o CCG, o conxunto escolmado presenta unha notable variedade de contidos e formas. Inclúe mesmo unha carta en verso, escrita por Otero Pedrayo desde Trasalba o 19 de marzo de 1945, na que relata unha viaxe por diferentes localidades galegas e evoca a ausencia do amigo, a quen bota en falta durante o percorrido. Composta en tercetos encadeados, a epístola incorpora referencias á Academia Galega, a Compostela, a Rianxo e ao Padrón rosaliano, e remata cunha confesión que resume o ton afectivo de todo o intercambio: “Mais faltaches ti, e volvín tristeiro!”.

O CCG sinala que as cartas permiten reconstruír algúns momentos significativos da relación entre ambos os escritores e que o estudo de Francisco Fernández Rei sitúa estas misivas no contexto dunha amizade que atravesou diferentes etapas históricas e vitais, malia “pertencer os dous escritores a xeracións distintas”. Cabanillas, figura senlleira dunha etapa anterior ao movemento das Irmandades e á Xeración Nós, e Otero Pedrayo, membro destacado deste último grupo, compartiron unha profunda afinidade intelectual e humana que se mantivo mesmo nos momentos de maior distancia física e emocional. A relación sobreviviu tamén aos diferentes desterros do poeta cambadés, á súa soidade e ao seu afastamento da actividade galeguista durante os anos da Segunda República.

A edición incorpora tanto a reprodución dos manuscritos como a súa transcrición, realizada respectando os trazos propios da lingua literaria de Otero Pedrayo, incluídos os seus hiperenxebrismos, diferencialismos e particularidades expresivas.

“O traballo permite achegarse non só ao contido das cartas, senón tamén á riqueza lingüística e literaria dunha correspondencia que constitúe un testemuño valioso da cultura galega do século XX”, sinala o Consello da Cultura.

Proxecto epístola

O Proxecto Epístola é unha iniciativa tecnolóxica que xorde no ano 2010 como froito das tarefas de recuperación e preservación dos fondos documentais realizadas polo Consello da Cultura Galega a partir da iniciativa de dixitalizar as fontes documentais de personalidades do ámbito da cultura e da política galegas depositados en arquivos públicos e privados.

O Consello da Cultura Galega conserva actualmente en formato dixital un importante conxunto de documentos persoais de figuras senlleiras que son fundamentais para o coñecemento da historia da Galicia contemporánea: Rosalía de Castro, Luís Seoane, Valentín Paz-Andrade, Manuel Puente, Antonio Pérez Prado, Xosé Benito Abraira, Carlos Maside, Isaac Díaz-Pardo, Lois Tobío, Silvio Santiago, Ramón Piñeiro ou Lino Novás, entre outros.

Estudantes de Informática de toda España déronse cita na USC
O alumnado da Escola Técnica Superior de Enxeñaría (ETSE) da Universidade de Santiago organizou estes días pasados a LXV asemblea xeral ordinaria da Reunión de Estudantes de Enxeñarías e Titulacións do Sector da Informática (RITSI), que congregou na cidade compostelá 70 representantes de máis de 40 campus universitarios.

A inauguración do encontro estivo presidida pola vicerreitora de Estudantado, Igualdade, Diversidade e Benestar, Lorena Añón, e nela participaron ademais a directora da ETSE, Julia González; a presidenta do comité organizador, Clara Álvarez; o presidente de RITSI, Carlos Arjona; a presidenta do Consello do Estudantado, Iria Liñares; o vicesecretario do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), Roberto Vieito.

Na reunión deuse forma en clave participativa á folla de ruta da organización. Fíxose coa aprobación dun novo plan estratéxico e presentáronse e tratáronse informes de xestión e actualizáronse posicionamentos institucionais ante os retos do sector académico e tecnolóxico.

Entre os días 5 e 7 de novembro, esta asociación estatal ademais de desenvolver a súa asemblea tivo a ocasión de organizar no Centro de Estudos Avanzados tres mesas redondas con profesionais do sector coa finalidade de que puidesen coñecer non só as demandas do mercado laboral senón tamén mostrar o talento que sae ano tras ano das escolas e facultades.

Maldita.es denuncia a TikTok por permitir a difusión de vídeos de abuso sexual infantil
Maldita.es analizou en profundidade as malas prácticas de TikTok de cara á protección dos menores

A plataforma TikTok está a permitir a difusión de cantidades importantes de material de abuso sexual infantil, mesmo despois de recibir denuncias específicas sobre a existencia destes contidos. Así o pon de manifesto unha investigación de Maldita.es, que durante 35 días de recollida e análise de datos identificou máis de 1.000 vídeos e imaxes explícitas de abusos a menores publicados en máis de 200 perfís da rede social. O material acumulaba arredor de 48 millóns de visualizacións.

Para comprobar a resposta dos mecanismos de moderación de TikTok, a organización seleccionou 50 vídeos e denunciounos como contido ilegal a través dos procedementos habilitados pola propia plataforma. O resultado, segundo os datos publicados, foi especialmente preocupante: TikTok só eliminou cinco deles, o 10 % da mostra. Outros 13 quedaron bloqueados exclusivamente para usuarios de España, mentres que 29 foron considerados inicialmente conformes coas normas da plataforma. Nos tres casos restantes non houbo unha resolución efectiva dentro do período de comprobación.

A organización tamén recorreu as decisións de non retirar os contidos. Porén, as novas revisións tampouco ofreceron resultados satisfactorios. Mesmo despois de identificar expresamente o material como abuso sexual infantil e citar o artigo 189 do Código penal español, TikTok mantivo boa parte das súas decisións iniciais.

O seguimento realizado 72 horas despois das denuncias revelou que 12 dos 50 vídeos continuaban dispoñibles e que 18 das 47 contas implicadas seguían activas. O dato resulta especialmente significativo se se ten en conta que oito das 17 contas cuxos vídeos foran retirados ou bloqueados conseguiron manterse operativas.

Contidos con millóns de reproducións

Os 50 vídeos denunciados acumulaban 8,8 millóns de visualizacións e máis de 148.000 gústame. Ademais, foran gardados como favoritos en máis de 18.000 ocasións. O contido máis popular superaba os catro millóns de reproducións.

Maldita.es tamén chama a atención sobre o funcionamento do sistema de recomendación Para ti. As contas investigadas sumaban uns 70.000 seguidores e os vídeos da mostra foran compartidos menos de 14.000 veces, polo que a organización considera que o volume de reproducións apunta á intervención dos mecanismos de recomendación da propia plataforma.

A investigación documentou, ademais, comentarios nos que usuarios solicitaban acceso aos vídeos completos ou ofrecían canles externas, entre elas Telegram e Zangi, para conseguir este tipo de material. A análise global identificou centos de interaccións deste tipo.

Posibles incumprimentos da normativa europea

A organización cuestiona que TikTok estea a cumprir as obrigas establecidas polo Regulamento de Servizos Dixitais (DSA). Esta normativa esixe ás plataformas actuar con dilixencia para retirar ou bloquear o acceso a contidos ilícitos cando teñen coñecemento da súa existencia.

A esixencia é especialmente relevante no caso de TikTok, designada pola Comisión Europea como plataforma en liña de moi grande tamaño. Esta condición obrígaa a avaliar e reducir os riscos sistémicos dos seus servizos, incluídos os relacionados coa difusión de contidos ilegais e coa protección dos menores.

No ámbito español, o artigo 189 do Código penal establece penas de prisión para diferentes condutas relacionadas coa produción, distribución e difusión de pornografía infantil.

Maldita.es sinala que non puido determinar se as denuncias foron examinadas por persoas ou resoltas mediante sistemas automatizados. A organización tamén indica que, tras contactar con TikTok para solicitar explicacións sobre os fallos detectados e os mecanismos de protección da infancia, a compañía limitouse a pedir información adicional, sen responder ás cuestións formuladas.

Tras a publicación da denuncia de Maldita.es, a ministra de Xuventude e Infancia do Goberno de España, Sira Rego, manifestou que dende o seu ministerio solicitaron á Fiscalía a apertura dunha investigación, así como tamén solicitaron unha reunión de urxencia cos representantes de TikTok en España.

A Mostra de Curtas de Noia acolleu a estrea de El crimen de Pazos (Netflix)
O Coliseo Noela de Noia, no marco da edición 2026 (a XXVII) da Mostra de Curtas, acolleu o pasado sábado ás 20.30 horas a estrea de El crimen de Pazos, a nova miniserie de Bambú Producciones, que chegará á plataforma de contidos streaming Netflix esta semana, concretamente o 13 de novembro.

El crimen de pazos é un true crime que narra a cadea de erros do sistema que permitiron o asasinato machista de Isabel Fuentes en Ourense no ano 2015.

Trátase dunha serie galega protagonizada por Tristán Ulloa (que encarna ao garda civil Eduardo Novoa, encargado no seu día de investigar o asasinato de Isabel Fuentes a mans do seu home en 2015) e creada e producida polo noiés Ramón Campos.

Na estrea en Noia participaron arredor de medio milleiro de persoas, entre público e membros do equipo da produtora e do elenco da serie, que inclúe un documental (xa estreado en Netflix) e unha serie de tres capítulos. Foi definida polos seus creadores como unha forte proclama contra a violencia machista. Campos, de feito, adicou a serie a Isabel Fuentes e “a todas as mulleres maltratadas”.

Sinopse

No tranquilo pobo de Pazos (Verín), Aniceto (Miguel Borines) e a súa muller Irene parecen ser a parella perfecta ata que, unha noite, ela sofre un brutal ataque como resultado dun presunto roubo. Mentres Irene loita pola súa vida no hospital, Elías (Tristán Ulloa), un sarxento da Garda Civil convencido de que Aniceto é o autor do crime, enfróntase a un sistema que lle parece que non está disposto a escoitar as súas advertencias nin a protexer á vítima. Con Aniceto en liberdade e a vida de Irene pendendo dun fío, sairá a verdade á luz antes de que sexa demasiado tarde?

A plataforma Disney+ será colaboradora oficial do Nadal de Vigo
O Goberno de Vigo aprobou a semana pasada o convenio de colaboración entre o Concello e a plataforma de streaming Disney+, un acordo que reflicte a unión entre dúas marcas que “sumarán forzas para ofrecer experiencias únicas á cidadanía e visitantes”, indicaron. O acordo recolle que o sábado, 14 de novembro, ás 17.00 horas celebrarase un desfile parade que traerá á rúa García Barbón o universo de Disney+.

O alcalde, Abel Caballero, sinalou que con este proxecto “Vigo contará con experiencias inéditas de Disney+ deseñadas integramente para o Nadal da cidade”. O obxectivo destas accións é sorprender e contribuír ao ambiente festivo. O acordo entre Concello e Disney+ recolle dúas grandes propostas:

por unha banda prevese a instalación dunha ornamentación tridimensional na rúa Policarpo Sanz, que incluirá solucións tecnolóxicas avanzadas de iluminación, tratamento da luz, efectos visuais e interacción coa contorna urbana; e pola outra celebrarase un desfile parade ao longo da rúa García Barbón, que contará coa presenza de inchables de elevadas dimensións que representan personaxes de Disney+, así como dunha cabalgata de personaxes caracterizados e con coreografías e músicas distintivas.

Tal e como recolle o convenio “esta cooperación permitirá reforzar a proxección internacional de Vigo, ao tempo que Disney+ terá a posibilidade de ser partícipe dunha das celebracións de Nadal máis recoñecidas de España”.

O Campus de Ferrol promove a alfabetización dixital a través dun proxecto de Aprendizaxe Servizo
Alumnas do grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos gravando, na Sala de Xuntas da Vicerreitoría, un dos podcasts divulgativos que se emitirán en EMUGA a longo do 2027.

Máis de 30 estudantes do primeiro curso do grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos, titulación que se imparte na Facultade de Ciencias do Traballo do Campus Industrial de Ferrol (Universidade da Coruña), participan no proxecto de Aprendizaxe Servizo (ApS) Deseño e Impartición de Obradoiros de Alfabetización Dixital, promovido polos profesores Joaquín Enríquez, Begoña Álvarez, Jorge Pérez e Simón Villamayor no marco da materia de Informática Básica.

Neste curso académico 2026/27, o proxecto conta novamente coa colaboración da Asociación Sociocultural ASCM Galicia, Mobilidade Humana e da Confederación Galega de Persoas con Discapacidad (COGAMI), entidades ás que se suma Emisoras Municipais Galegas (EMUGA).

Nas distintas sesións de traballo presenciais, que se desenvolverán nas vindeiras semanas tanto nas sedes das entidades participantes como na propia facultade, o alumnado compartirá coñecementos e experiencias coas persoas usuarias das ditas entidades inclusivas. Os obradoiros, que o alumnado estivo a preparar ata o de agora, abordarán cuestións prácticas relacionadas co uso das novas tecnoloxías, como a navegación segura pola Internet, o emprego do certificado electrónico ou a elaboración e a mellora do currículo e a súa publicación en distintos portais de emprego.

A través desta iniciativa, o alumnado da Facultade de Ciencias do Traballo ten a oportunidade de aplicar os coñecementos adquiridos na aula a situacións reais, ao tempo que contribúe a mellorar as competencias dixitais das persoas participantes. O proxecto baséase na metodoloxía de Aprendizaxe Servizo (ApS), que integra nunha mesma proposta formativa a aprendizaxe académica xunto coa prestación dun servizo á comunidade.

Podcasts divulgativos en colaboración con EMUGA

Pola súa banda, parte do alumnado que participa no proxecto de Aprendizaxe Servizo (ApS) Deseño e Impartición de Obradoiros de Alfabetización Dixital está a gravar, na Sala de Xuntas da Vicerreitoría do Campus de Ferrol, Igualdade e Responsabilidade Social e en colaboración con Emisoras Municipais Galegas (EMUGA), unha serie de podcasts divulgativos sobre esta temática que se emitirán ao longo de 2027 nas emisoras de radio locais de boa parte dos 25 concellos que integran esta asociación.

Esta iniciativa enmárcase no convenio de colaboración que Emisoras Municipais Galegas (EMUGA) ten asinado coa Universidade da Coruña (UDC), a través da Oficina de Cooperación e Voluntariado (OCV), para a elaboración e a difusión de proxectos de Aprendizaxe Servizo (ApS), ampliando así as posibilidades de difusión do traballo desenvolvido polo alumnado e achegando á cidadanía as iniciativas de innovación docente que se poñen en marcha desde o Campus Industrial de Ferrol.

MercaNaVila esgotou os 5 millóns de euros en bonos e mobilizou 11,5 millóns en vendas nos comercios da provincia da Coruña
A Deputación da Coruña dá por finalizada a segunda edición de MercaNaVila tras esgotar en apenas 18 días os 5 millóns de euros destinados a descontos no comercio local da provincia. A campaña xerou preto de 11,5 millóns de euros en vendas nos establecementos dos concellos de menos de 20.000 habitantes e pechou antes da data prevista, o 20 de novembro, “pola elevada demanda dos bonos”, segundo indicaron fontes da Administración provincial.

O balance desta edición recolle máis de 102.000 bonos descargados nos móbiles das persoas beneficiadas e máis de 200.000 operacións de compra realizadas. “Os descontos directos de ata 100 euros por persoa permitiron reducir o gasto das familias e incentivar o consumo nos negocios de proximidade, nunha campaña desenvolvida en colaboración coa Federación Galega de Comercio”, engadiu a Deputación, salientando que “a participación do sector tamén medrou”. Así, un total de 1.143 establecementos solicitaron a súa adhesión ao programa, fronte aos 1.000 comercios participantes na primeira edición.

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, situou desde o inicio da campaña o apoio ao comercio dos concellos pequenos entre as prioridades da institución provincial. Neste sentido, destacou “a necesidade de ofrecer ferramentas que axuden aos negocios das vilas a afrontar a competencia das grandes superficies e das plataformas de venda online, así como o papel fundamental destes establecementos na economía e na vida cotiá dos municipios”.

MercaNaVila superou nesta segunda edición o número de bonos descargados en 2025, cando se rexistraron 93.453, e amplía a participación dos comercios. O esgotamento do crédito en apenas 18 días amosa, ademais, a elevada demanda da convocatoria 2026 de MercaNaVila.

A difusión e o desenvolvemento de MercaNaVila contaron coa implicación dos concellos, das asociacións de comerciantes e dos propios establecementos. A Deputación explicou que “a colaboración do propios comercios, nalgúns casos con post cheos de creatividade e orixinalidade a través das súas redes sociais, facilitou que a información sobre os descontos chegase a públicos máis amplos e que as persoas con maiores dificultades no uso das ferramentas dixitais puidesen acceder aos bonos”.

Entre as accións impulsadas polas asociacións comerciais figuraron puntos de información nas rúas para resolver dúbidas e axudar na descarga dos bonos. Os negocios tamén contribuíron á difusión da campaña e prestaron apoio directo á súa clientela na xestión dos descontos.

As valoracións recollidas entre comerciantes de numerosos concellos da provincia coinciden en destacar o aumento das vendas durante a campaña de MercaNaVila. O sector salientou “a utilidade dos bonos para competir coas plataformas multinacionais de venda en liña, reforzar os ingresos nun momento de pagos vinculados á campaña de inverno e atraer máis compras aos establecementos das vilas”, destacou a Deputación.

Noia, Ordes e Boiro lideraron as vendas

O presidente provincial (Valentín González, á dereita), cos alcaldes de Boiro (José Ramón Romero) e de Noia (Fran Pérez)

Por concellos, Noia volveu rexistrar o maior volume de vendas da campaña MercaNaVila 2026, con 1.137.826,56 euros e 19.184 operacións, seguida de Ordes, con 1.017.240,58 euros e 19.019 compras, e Boiro, con 934.217,46 euros e 15.053 operacións. Os descontos aplicados nestes tres municipios ascenderon a 472.840, 461.250 e 368.840 euros, respectivamente.

Entre os concellos con maior actividade comercial durante a campaña figuran tamén Cee, con 739.414,65 euros en vendas; Betanzos, con 632.557,89 euros; e Santa Comba, con 566.784,88 euros. Completan os dez primeiros postos por volume de vendas As Pontes, con 419.805,68 euros; A Pobra do Caramiñal, con 374.643,98 euros; Padrón, con 322.486,82 euros; e Fene, con 313.450,53 euros.

A campaña deixou tamén un importante volume de compras noutros municipios, como Arzúa, con 300.595,50 euros en vendas; Melide, con 290.580,27 euros; Oroso, con 284.335,17 euros; Vimianzo, con 237.058,81 euros; Negreira, con 229.121,43 euros; Zas, con 225.783,73 euros; ou Sada, con 223.260,27 euros.

A Deputación da Coruña e a Federación Galega de Comercio agradecen a participación da cidadanía e a implicación dos comercios, das asociacións e dos concellos nesta edición de MercaNavila.