Deteñen ó responsable de Putalocura.com por inxurias ás mulleres de Torrelavega
A web Putalocura.com combina humor e pornografía dun xeito que achega moitos lectores fieis ó seu estilo peculiar, e en 2004 o seu fundador, Torbe, publicou un artigo dedicado ás mulleres de Torrelavega ás que de xeito sarcástico as cualificaba coma moi feas e que pouco despois lle valeu unha denuncia. A cousa parecía que non iría a máis, xa que consideraban que os obxecto humorístico do texto non se puidese entender como unha inxuria, pero esta semana sabemos que as autoridades se presentaron no domicilio do responsable da web para a súa detención, tralo que pasou 5 horas nun calabozo antes de declarar ante un xuíz, quedando en liberdade condicional con cargos. Queda aberto así un caso xudicial no que o concello de Torrelavega persigue o peche da web Putalocura.com, algo que parece difícil coñecidos os precedentes de denuncias deste tipo (lembremos que non prenderon a ninguén por contar chistes de Lepe).
|