iPods para a docencia
O South Kent College de Dover (Reino Unido) investiu 25.000 (36.811 euros) na adquisición de reprodutores iPod nano para 250 dos seus estudantes para que os poidan empregar tanto para escoitar música como para repasar as súas clases, como un xeito de reforzar a súa aprendizaxe. A iniciativa resulta polémica, xa que hai que considera que é un desperdicio dos cartos públicos, aínda que tamén resulta moi interesante o feito de que poñan en funcionamento un servizo de podcasts coas clases para permitir a descarga das mesmas. O uso de reprodutores de MP3 xa se está a probar en centros educativos de EE.UU. e Australia e supoñen unha boa solución para recuperar clases perdidas ou para repasar temarios dun xeito cómodo e atractivo, que mellora a calidade da docencia.
|