Código Cero - Diario Tecnolóxico
DIARIO DIXITAL

Novas Tecnolóxicas de Galicia con boletíns por correo electrónico e edición en papel nos quioscos galegos.

PRINCIPAL   |  FOROS   |  REVISTA EN PAPEL   |  HEMEROTECA   |  O NOSO EQUIPO   |  TOP 100   |  CONTACTAR CON NÓS


Xoves, 2 de Setembro de 2010

               

Nova

Conecta Xove volve a Verín en setembro
O concello de Verín acollerá de novo o programa Conecta Xove en setembro (xunto con media ducia máis de localidades de toda España), tralo éxito alí acadado na anterior convocatoria, celebrada na ponte de maio. O proxecto da Fundación Esplai e Microsoft, que conta coa colaboración na comarca de Monterrei dos colectivos Portas Abertas e Femuro, vai orientado á alfabetización dixital dos adultos a mans de mozos voluntarios de entre 16 e 17 anos que fan de mestres perante os seus maiores. Nas semanas previas á apertura o programa, unha vintena de rapaces e rapazas recibirán cursos de formación de dezaseis horas sobre novas tecnoloxías e informática. Estes serviranlles para iniciar no mundo dixital as persoas adultas do seu concello. A participación máis reticente, tal e como se constatou na anterior edición, é xusto a da xente maior do medio rural. Sexa como sexa, o comité organizador confía en botar abaixo con esta noca convocatoria unha boa parte (senón toda) destes “prexuízos tecnolóxicos”. Visto na Voz.



Entrevista
Pablo López
Consultor e xerente de Hacce

Firma convidada
Moncho Paz
Moderador de Xanela Aberta en Código TV


















Caixa Galicia







PRINCIPAL   |  FOROS   |  REVISTA EN PAPEL   |  HEMEROTECA   |  O NOSO EQUIPO   |  TOP 100   |  CONTACTAR CON NÓS

Grupo Código Cero Comunicación
UNINOVA- Recinto MercaGalicia
Polígono Industrial do Tambre - Vía La Cierva s/n
15890 Santiago de Compostela
Teléfono 981 51 96 00 Extensión 36 - 981 93 63 24
Telefax 981 55 77 07
webmaster@codigocero.com

AETG - EGANET