A Generalitat de Catalunya segue a facilitar información de tráfico polo móbil
Visto o éxito do programa posto en funcionamento polo Servizo Catalán de Tráfico na operación saída de agosto, a Generalitat prosegue co servizo informativo do estado das estradas autonómicas a través do móbil para o retorno, que por moito que nos pese está a achegársenos ineludiblemente. Gencat Trànsit ten dous xeitos de consulta posibles. O primeira é mediante mensaxes de texto: abonda con enviar unha SMS ó 5012 por menos de 0’31 euros coa palabra transit –ou no seu defecto trafico ou trafic para quen prefira outras linguas– seguido do nome da provincia ou do vieiro do que se que se quere coñecer o estado. O servizo responderá con outra mensaxe curta de texto coa relación de estradas conflitivas da provincia ou ben cos incidentes rexistrados. Vímolo en Canal PDA. A outra modalidade pasa por ter un móbil con conexión GPRS e UMTS que sexa compatible con WAP e aplicacións Java, preciso para acceder á ligazón de descarga do programa Java de balde que se recibe. Para este caso debe enviarse unha SMS ó 5012 ou ó 7712 coa palabra cameres. Co programa, amais de poder consulta-lo estado das estradas, pódense ve-las imaxes captadas polas cámaras de control de tráfico da rede viaria catalá en tempo real.
Unha recomendación da páxina da Generalitat fai fincapé en que sexa o acompañante quen faga uso do servizo de consultas polo móbil cando o vehículo se atope en marcha, para evitar que o condutor poida perder 3 puntos de facelo el mesmo. E para eses condutores gurróns que non se fían nin do GPS, só lles queda facer a consulta pola Rede antes de saír da casa ou facelo con previsión dende o seu terminal pero sempre antes de poñer o coche en marcha.
|