Afirman que o número de blogs duplícase cada 6 meses
José Luis Orihuela, profesor da Universidade de Navarra e que tamén imparte cursos e conferencias en Galicia con certa frecuencia, declarou durante a presentación do libro La revolución de los blogs que “no mundo hai 48 millóns de blogs e a cifra se duplica cada 6 meses”. Orihuela sostén que na actualidade hai uns 175.000 blogs en España, polo que a blogosfera se está a converter nun contrapoder que “constitúe un bo sistema para medir o pulso da opinión dominante na Internet sobre calquera tema”, aínda que tamén afirmou que escribir blogs non é xornalismo nin o pretende, xa que son principalmente un medio de comunicación persoal.
|