Código Cero - Diario Tecnolóxico
DIARIO DIXITAL

Novas Tecnolóxicas de Galicia con boletíns por correo electrónico e edición en papel nos quioscos galegos.

PRINCIPAL   |  FOROS   |  REVISTA EN PAPEL   |  HEMEROTECA   |  O NOSO EQUIPO   |  TOP 100   |  CONTACTAR CON NÓS


Xoves, 2 de Setembro de 2010

               

Nova

España conta xa con seis millóns de usuarios de Wi Fi
Cada vez é máis habitual nas cidades galegas a seguinte escena: mozo ou moza entra nun café, senta, pide unha consumición e abre un computador portátil. Ofrecer Internet sen fíos, para moitos hostaleiros e clientes, cumpre unha función semellante ós xornais do día postos nun revisteiro. Ou incluso cá tapa ou ración coa que se acompaña unha bebida. E as cifras de usuarios da Rede sen fíos van polo tanto medrando, aínda que a un ritmo máis baixo do que medran noutros países do norte de Europa. Segundo un estudo da empresa IWE-X (visto en Baquia.com), España conta xa cuns seis millóns de internautas que entran no ciberespazo a través de Wi Fi.

A “culpa” disto está na meirande oferta de puntos de acceso nas grandes cidades. Como é de agardar, as porcentaxes de usuarios discorren de xeito paralelo ó volume de poboación. Así, Madrid e Barcelona son as que meirande número de usuarios teñen: 805.556 e 708.333, respectivamente, seguidas de Valencia con 319.344, Sevilla con 250.000 e Bilbao con 152.778. Porén, Barcelona é a cidade que conta con máis puntos de conexión (20.610), dos que a gran maioría son privados. Nas cinco cidades devanditas, a taxa de espazos comerciais de conexión que corresponde ós locais da hostalería (bares, hoteis e pubs) sitúase no 52%. O 19% son hot spots do sector servizos, o 17% son espazos ó aire libre e o 12% atópanse nos colexios, institutos e universidades. As porcentaxes das empresas provedoras de servizos tamén son interesantes. Telefónica gaña a partida en Madrid, Sevilla e Valencia. Kubi, pola súa parte, está a deixar fonda pegada en Barcelona. Polo que respecta a Bilbao, os principais operadores son AirBites e Euskatel.

Entrevista
Pablo López
Consultor e xerente de Hacce

Firma convidada
Moncho Paz
Moderador de Xanela Aberta en Código TV


















Caixa Galicia







PRINCIPAL   |  FOROS   |  REVISTA EN PAPEL   |  HEMEROTECA   |  O NOSO EQUIPO   |  TOP 100   |  CONTACTAR CON NÓS

Grupo Código Cero Comunicación
UNINOVA- Recinto MercaGalicia
Polígono Industrial do Tambre - Vía La Cierva s/n
15890 Santiago de Compostela
Teléfono 981 51 96 00 Extensión 36 - 981 93 63 24
Telefax 981 55 77 07
webmaster@codigocero.com

AETG - EGANET