O Fiat Grande Punto aparecerá nos videoxogos de EA
A publicidade nos videoxogos é unha nova vía publicitaria emerxente, que tanto se pode limitar á aparición de carteis luminosos durante os partidos de fútbol que xoguemos na consola ou poden integrarse de xeito máis importante, como é o caso do novo coche Fiat Grande Punto, que por mor dun acordo entre Electronic Arts e Fiat aparecerá nos xogos Need for Speed: Most Wanted e Los Sims 2. Deste xeito, ó introducir os produtos anunciados directamente no xogo, a publicidade é moito máis efectiva (e non pode saltarse), polo que se podería converter nunha práctica moi habitual no futuro.
|