Código Cero - Diario Tecnolóxico
DIARIO DIXITAL

Novas Tecnolóxicas de Galicia con boletíns por correo electrónico e edición en papel nos quioscos galegos.

PRINCIPAL   |  FOROS   |  REVISTA EN PAPEL   |  HEMEROTECA   |  O NOSO EQUIPO   |  TOP 100   |  CONTACTAR CON NÓS


Xoves, 2 de Setembro de 2010

               

Nova

Abertal estrea o primeiro servidor público de blogs feito en Galicia e en galego
Co gallo do EnBlogs’06 organizado polo Consello da Cultura Galega, a empresa Abertal presentou o seu sistema de bitácoras de Internet en galego e feito en Galicia. O novo servizo permitirá a creación de blogs de balde, de xeito sinxelo e incorporando titoriais de uso, o que resulta de grande utilidades para os usuarios novatos.
Manuel L. Pan, na presentación da Blogoteca, incidiu no feito de que pretenden “encher un baleiro na Rede” de xeito que permite a publicación e xestión de blogs tanto en español coma en galego, non precisándose para tal ningún coñecemento de HTML ou programación.

As características coas que contan os blogs creados na Blogoteca son:
- Artigos con ligazóns e imaxe asociada.
- Artigos destacados.
- Ligazóns permanentes aos artigos.
- Clasificación dos artigos por categorías.
- Comentarios por artigos.
- Arquivo automático por meses.
- Ligazóns a outros Blogs ou páxinas de Internet.
- Posibilidade de personalizar o idioma do blog.
- Deseños predefinidos adaptables.
- Buscador integrado.
- Sindicación RSS 2.0

Pan tamén comentou que o sistema acepta altas indiscriminadamente durante un período inicial, de xeito que cando alcancen unha masa crítica de usuarios pecharán as altas libres para un formato de invitacións coma outros servizos populares da Rede, co que pretenden fomentar a consciencia de comunidade do novo sistema de publicación.

Entrevista
Pablo López
Consultor e xerente de Hacce

Firma convidada
Moncho Paz
Moderador de Xanela Aberta en Código TV


















Caixa Galicia







PRINCIPAL   |  FOROS   |  REVISTA EN PAPEL   |  HEMEROTECA   |  O NOSO EQUIPO   |  TOP 100   |  CONTACTAR CON NÓS

Grupo Código Cero Comunicación
UNINOVA- Recinto MercaGalicia
Polígono Industrial do Tambre - Vía La Cierva s/n
15890 Santiago de Compostela
Teléfono 981 51 96 00 Extensión 36 - 981 93 63 24
Telefax 981 55 77 07
webmaster@codigocero.com

AETG - EGANET