Ifotoalbum.net: un gran álbume de fotos colectivo deseñado por galegos
Chéganos vía e-mail unha invitación a navegar polo Ifotoalbum.net, un fotolog que está a ter moia repercusión na comunidade internauta española (principalmente) e que se dá a casualidade de que está desenvolvida por un equipo de mozos galegos, os que integran a empresa Igasoft da Coruña. De momento (indican) só poderemos desfrutar do servizo en castelán, pero o equipo de programadores advirte de que en breve estará dispoñible en galego. Ifotoalbum.net, que arestora ten case un milleiro de usuarios (con preto de 25.000 fotos penduradas), é unha rede social baseada no emprego dun gran álbum de fotos colectivo que aproveita os novos recursos de Internet (Web 2.0) para facer máis curta a distancia que separa ás persoas (neste caso principalmente mozos e mozas). O servizo pon a disposición dos internautas a posibilidade de habilitar un espazo propio (fotolog particular) para personalizar. A empresa Igasoft, integrada por xente nova (é, polo tanto, unha empresa nova en todo o sentido do termo), centra o seu traballo no desenvolvemento web, en solucións de software e en aplicacións para dispositivos móbiles.
|