Google Idol: o novo concurso de playbacks musicais sorprende na Internet
Cando Gary Brolsma gravou un vídeo cantando a canción Dragostea Din Tei de O-Zone a xeito de playback non podía imaxinar que, tras causar furor na Internet (o que lle ocasionou un trauma psicolóxico) creou toda unha escola que se está a concretar nun concurso na Rede que inspira o seu nome na versión norteamericana de Operación Triunfo (Pop Idol) e que emprega o servizo de vídeo de Google. Deste xeito, Google Idol é unha competición de vídeos nos que os participantes fan divertidos playbacks dende a webcam do seu ordenador para logo recibir a valoración do público. Actualmente estase a celebrar a grande final (tras unhas eliminatorias moi rifadas) nas que as mozas Pomme e Kelly versionan a Aretha Franklin e o seu Respect, mentres que os Back Dormitory Boys fan o propio cos Back Street Boys e o tema As long as you love me. Haberá que agardar ó 1 de abril para coñecer ós gañadores desta peculiar competición.
|