Código Cero - Diario Tecnolóxico
DIARIO DIXITAL

Novas Tecnolóxicas de Galicia con boletíns por correo electrónico e edición en papel nos quioscos galegos.

PRINCIPAL   |  FOROS   |  REVISTA EN PAPEL   |  HEMEROTECA   |  O NOSO EQUIPO   |  TOP 100   |  CONTACTAR CON NÓS


Xoves, 2 de Setembro de 2010

               

Nova

Europa Press presenta Cidadans.net, un motor de blogs para tódolos vigueses
As novas tecnoloxías da información poden contribuír a crear unha sociedade máis xusta e democrática. Esta é a idea chave que alenta o proxecto Un blog para cada cidadán da axencia Europa Press, iniciativa da que forma parte Cadernos Cidadáns. Ámbalas dúas van encamiñadas a poñer ás persoas máis preto da blogosfeira, ese fenómeno que está a revolucionar o xeito que temos de comunicarnos, ó pór ó alcance de cada individuo a posibilidade de construír un medio informativo. Niso consiste Cadernos Cidadáns, un motor de blogs para a cidadanía, que se vai pór en marcha en diversos concellos de España pero que se estreou en Vigo, este mércores 29 na sede consistorial.

Este servizo, o primeiro destas características que xorde en España, vai ir destinado a dinamizar o emprego das novas tecnoloxías en escenarios urbanos e os vencellos que unen ós cidadáns coas administracións a través desas tecnoloxías. Tamén (sobre todo) vai orientado a xerar unha comunidade virtual con intereses comúns (Vigo). Europa Press, axencia responsable da iniciativa (en colaboración coa Asociación de Usuarios de Internet), entendeu dende o comezo que os blogs son ferramentas de primeira orde para conseguir estes obxectivos, sobre todo tendo en conta o ben que se adaptan á realidade de Galiza, onde hai unha importante comunidade bitacoreira.
Europa Press, co fin de que o camiño que separa ás persoas das redes non chegue a ser nunca unha costa arriba, seguiu os principais estándares internacionais sobre accesibilidade e usabilidade. O deseño está inspirado nos blogs máis populares da Web. Entre as ferramentas que incorpora, cómpre salientar as seguintes:
· Sistema de busca de blogs da cidade seguindo catro criterios: temática, nome de blog, nome do autor e barrio ou distrito municipal
· Permite ó concello destacar na portada da plataforma municipal aqueles blogs ou anotacións que considere de especial interese público.
· Permite a creación de espazos blog específicos de cada barrio ou distrito da cidade.
· Sistema de recepción remota de contidos RSS que permite a calquera usuario coñecer de primeira man as actualizacións dos cadernos que lle interesen sen precisar visita-los periódicamente.
· Posibilidade de asociar libremente a cada "caderno cidadán" outros cadernos que o autor considere de interese para os seus lectores.

Entrevista
Pablo López
Consultor e xerente de Hacce

Firma convidada
Moncho Paz
Moderador de Xanela Aberta en Código TV


















Caixa Galicia







PRINCIPAL   |  FOROS   |  REVISTA EN PAPEL   |  HEMEROTECA   |  O NOSO EQUIPO   |  TOP 100   |  CONTACTAR CON NÓS

Grupo Código Cero Comunicación
UNINOVA- Recinto MercaGalicia
Polígono Industrial do Tambre - Vía La Cierva s/n
15890 Santiago de Compostela
Teléfono 981 51 96 00 Extensión 36 - 981 93 63 24
Telefax 981 55 77 07
webmaster@codigocero.com

AETG - EGANET