|
|
| Xoves, 2 de Setembro de 2010 |
|
45 empresas tecnolóxicas participan na nova edición de Expoenter, que comeza este xoves Este ano, Expoenter conta, entre outros, co apoio da Xunta de Galiza, a Universidade de Vigo, o Instituto de Formación Profesional da Farixa, Ingatel, Caixanova e a Cámara de Comercio de Ourense. Xornadas Técnicas Expourense Xoves 30 17:00.- Acreditación. 17:15.- Apertura. 17:30-18:15.- Custes da non calidade e da falta de xestión no desenvolvemento de software nas empresas de tipoloxía peme. D. Javier Regueira Serrano. Director-xerente de Lambda CT. 18:15-19:00.- Obradoiro interactivo. “Tratamento da Imaxe”. Aplicacións artísticas. D. David González. Xerente DYR Producciones. 19:00-19:45.- Aprender das experiencias; promoción e dinamización de microemprendimentos pola Asociación INDICCE" D. Daniel Diéguez Diéguez. Vicepresidente INDICCE. D. Roberto Carballo Meiriño. Vocal INDICCE. 19:45-20:30.- Directrices básicas para conseguir calidade nas pemes de desenvolvemento de software. Dna. Josefina Alonso Nocelo. Xefa de Proxectos de Telemática e Software do Área de Innovación do Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG). Venres 31 11:30-12:15.- A calidade nos métodos áxiles de desenvolvemento de software. Aplicabilidade na peme. D. Javier Regueira Serrano. Director – xerente de Lambda CT. 12:15-13:15.- Mesa redonda: As radiacións en comunicacións móbiles. Contaminación radioeléctrica: ¿Unha asignatura medioambiental pendente? D. Iñigo Cuiñas. Investigador e Profesor da Universidade de Vigo. Telefonía móbil e saúde. Dna. Margarita Castro Bernárdez. Servizo de Epidemioloxía. Dirección Xeral de Saúde Pública. Xunta de Galicia. 13:15-14:00.- Obradoiro de tratamento da imaxe. Técnicas de diagnóstico por imaxe. D. Francisco José Fernández López. Director-executivo Innova Auria. Dun tempo a esta parte… Moitos tipos de persoas teñen cabida nunha feira como Expoenter. As cousas teñen mudado moito, dende aquela época, arredor de 1995, na que o número de webs rexistradas en Galiza non era maior có dos días que ten a semana. O club da Sociedade do Coñecemento era, daquela, un círculo de amizades de dimensións reducidas, unha leve avangarda de internautas á que nunca se lle ocorrería reunirse nun recinto feiral de grandes dimensións. Os seus encontros poderían ser: arredor da mesa dunha cafetaría, no salón de actos dunha empresa ou nos vestíbulos do hotel dunha cidade situada a medio camiño entre todos eles, os internautas. Agora, espazos coma Expourense son o medio natural das xuntanzas tecnolóxicas. Expoenter é un exemplo disto, un ecosistema moi variado de profesionais e usuarios das novas tecnoloxías que adianta, para 2006, as súas datas de celebración ós dous últimos días de marzo e o primeiro de abril. O seu nome oficial abrangue un mundo, e máis: Salón Multimedia e das Telecomunicacións. Expoenter define a sociedade enteira Mais, exactamente, quen ten cabida nunha feira como Expoenter? En primeiro lugar, os profesionais, sexan galegos ou do resto da Península. Xefes de empresa, directores ou empregados, estean dentro do tecido empresarial tecnolóxico ou ben fóra: en iniciativas que non teñen nada que ver a priori coa Sociedade do Coñecemento pro ás que non lles queda máis remedio que apoiarse nela, se é que queren ser competitivas e rendibles nun mundo que xira máis rápido do que semella a primeira vista. Expoenter está feita, polo tanto, para os profesionais, ora que tamén para os simples usuarios ou os afeccionados ás tecnoloxías. O internauta mozo interesado en abrirse un camiño laboral no sector da innovación. O estudante universitario que está a piques de converterse en xefe da súa propia empresa e precisa coñecer de primeira man cal vai se-lo terreo que pisará o día de mañá. O profesor que entende que a educación de hoxe en día pasa por dar a coñecer a longa listaxe de recursos dispoñibles en Internet. O xubilado que hai tempo que oe falar das novas redes de información e anda na procura de axuda e consello. O motivo? Ben podería ser o seguinte: porque de entre tódalas dúbidas que se lle presentaron ó longo do vieiro apareceulle, se cadra, unha certeza: que as novas tecnoloxías pódenlle axudar a establecer contacto con familiares ou amigos cos que hai moito tempo que non se comunica. As opcións e as posiblidades son tan longas como se poida imaxinar. A vantaxe de Expoenter é que une moi diferentes tipos de persoas: xuntar baixo un mesmo teito a usuarios de novas ferramentas do coñecemento é resumi-lo mundo. Diálogo para facernos fortes no mercado Ademais, tratándose como se trata dun salón do novidoso, Expoenter quere converterse en espazo de intercambio de ideas e pareceres para o sector internacional das novas tecnoloxías. Deste xeito, preténdese establecer unha liña de comunicación sólida dende Galiza co mundo, sentando na mesa do diálogo a un sector que está a loitar por facerse forte no mercado, o galego. A esta engrenaxe de corporacións vanlle poñer voz algúns dos grandes representantes do noso panorama empresarial, participando a maiores: a Escola Superior de Informática de Ourense (que colabora sobre todo nas xornadas técnicas), o Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole) e as diferentes direccións xerais de Xunta que teñen competencia no eido tecnolóxico. Cómpre sinalar que o sector das telecomunicacións tamén estará representando polos principais operadores do mercado. Os obxectivos Como resumo, incluímos os principais obxectivos de Expoenter: · Presenta-las últimas novidades tecnolóxicas a empresarios e particulares · Fomenta-lo achegamento ó gran público das ferramentas de telecomunicacións que se teñen feito imprescindibles na vida cotiá. Os asuntos dos que escoitarás falar Falar da tecnoloxía é falar de tódolos aspectos da vida. Amosala nun conxunto de stands é resumi-lo que nos depara o futuro, no fogar ou no traballo. Expoenter, segundo nos fixo saber a organización, “trata de ofrecer unha magnífica oportunidade para satisface-la demanda de información sobre as últimas novidades”. Sexas usuario, xefe de empresa ou (por que non?) as dúas cousas. Estes son os asuntos que che interesan: Hardware Software Aplicacións e servizo multimedia Telecomunicacións Videoconferencias Impresión dixital Reprografía Teletraballo Operadores Aplicacións de deseño Comercio electrónico Electrónica Provedores de Internet Deseño web Mantemento de sistemas Telefonía móbil e fixa Bases de datos Cinema doméstico Son e imaxe |
|
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
|
Grupo Código Cero Comunicación |
|