Nace CinemaFriki, unha bitácora galega para afeccionados ó cine que se distancia da cinefilia académica
Ser cinéfilo é unha enfermidade. A bitácora Cinema Friki marca distancia co ambiente tertuliano das noites con José Luis Garci e presenta no blogosfeira galega un espazo de artes e xéneros audiovisuais para xente normal. Rumores, trailers, comentarios, imaxes, novas: todo isto se pode atopar en Cinema Friki. O proxecto está levado por un grupo de afeccionados ó cine que non teñen outra pretensión que ofrecer ó público galego todo tipo de novidades sobre a sétima arte que poidan resultar interesantes. Os seus xéneros preferidos son os mesmos que prefiren todos aqueles que estivemos contando os días que faltaban para a estrea do novo episodio de Star Wars (do que por certo se inclúen interesantes comentarios e novidades) pero ós que nunca se nos ocorreu disfrazarnos: aventuras, acción, fantástico, ciencia ficción, terror, anime, serie B, serie Z, clásicos, series míticas. E xa que falamos de Star Wars, cómpre sinalar que atopamos na bitácora unha noticia que atrapou especialmente a nosa atención. Segundo os últimos rumores, George Lucas podería estar preparando unha precuela de A ameaza pantasma, algo así como o episodio cero e na que Yoda sería o protagonista principal.
|