Nace Alianzo, iniciativa pioneira en España dedicada ó software social
Dous emprendedores vascos son os responsable da que, ó seu xuízo, viría a ser a primeira empresa española dedicada á creación e a xestión de redes sociais e blogs en Internet, máis coñecido como “software social”, por facilitar a colaboración e a transmisión de coñecemento entre persoas distribuídas en centros separados. Entre as funcións deste novo servizo, chamado Alianzo, destacan a comunicación e a animación dunha organización, a fidelización dos clientes dunha tenda on-line ou a participación dos cidadáns en decisións públicas. Alianzo, que así se chama a empresa, desenvolve blogs (tamén coñecidos como weblogs) e os dá a coñecer na “blogosfeira”, e crean e animan wikis, webs “con vida” nas que calquera visitante autorizado pode se responsable libremente do contido das mesmas. As ferramentas que presenta Alianzo permiten mellorar a comunicación interna e xestionar proxectos entre grupos de traballo, xa que calquera dos membros ten acceso ó que publicou o resto e pode facer as modificacións que crea oportunas ou volver á versión anterior do escrito. José Antonio del Moral, director de Alianzo, é un dos socios fundadores de Ya.com e creador de iniciativas como a asociación Internet&Euskadi. Entre os primeiros proxectos de Alianzo destacan NosCitamos.com, unha web de contactos persoais e a blog EleccionesVascas.com.
|