O Observatorio do Autónomo presenta unha guía on line para empresarios e traballadores en “solitario”
Como ser empresario individual e non esmorecer no intento. A web que vén de presentar o Observatorio Galego dos Empresarios Individuais, Profesionais e Traballadores Autónomos (OBGA) vai dirixida a converterse nun manual ou guía para emprendedores que inician o seu proxecto en solitario. Neste portal, no que se amosan algún dos traballos desenvolvidos ata o momento por este foro que coordina o IGAPE, inclúe guías de axudas públicas ou orientación sobre a as opcións xurídicas máis axeitadas para os membros do colectivo. O proxecto, que tamén permite resolver dúbidas de xeito personalizado, dispón dunha ferramenta informática integrada por 88 fichas coas axudas e subvencións da Xunta ás que poden acollerse os empresarios, emprendedores e os integrantes dos colectivos de autónomos. O portal do OBGA acolle igualmente estudos e estatísticas sobre os colectivos dos autónomos e as microempresas en Galicia, normativas legais de referencia, documentación sobre prevención de riscos laborais e outras novas, sempre en relación co colectivo do autónomo en Galicia.
|