Código Cero - Diario Tecnolóxico
DIARIO DIXITAL

Novas Tecnolóxicas de Galicia con boletíns por correo electrónico e edición en papel nos quioscos galegos.

PRINCIPAL   |  FOROS   |  REVISTA EN PAPEL   |  HEMEROTECA   |  O NOSO EQUIPO   |  TOP 100   |  CONTACTAR CON NÓS


Xoves, 2 de Setembro de 2010

               

Nova

As eleccións galegas xa contan cun servizo de bitácoras
Hai 6 semanas, a empresa viguesa mAs impacto Networks estreou un sistema de bitácoras de Internet baixo o dominio eleccionesgallegas.com, de xeito que os usuarios que queiran contar a súa propia versión dos comicios electorais poden abrir o seu propio weblog de balde.
No pouco tempo que a páxina leva activa xa superou as 4.000 visitas e xa conta con máis de 10 bitácoras, que poderían ter unha actividade interesante nas vindeiras datas nas que se decidirá a composición do vindeiro Parlamento de Galicia.

Os responsables do proxectos están a estudar se migran o sistema integramente ó galego, xa que algúns usuarios xa lles pediron unha versión en galego do servizo, e prefiren non realizar un cisma do sistema, de xeito que ou o pasarán todo a galego ou o deixarán en español (algo que o decidirán nos vindeiros días).

Entrevista
Pablo López
Consultor e xerente de Hacce

Firma convidada
Moncho Paz
Moderador de Xanela Aberta en Código TV


















Caixa Galicia







PRINCIPAL   |  FOROS   |  REVISTA EN PAPEL   |  HEMEROTECA   |  O NOSO EQUIPO   |  TOP 100   |  CONTACTAR CON NÓS

Grupo Código Cero Comunicación
UNINOVA- Recinto MercaGalicia
Polígono Industrial do Tambre - Vía La Cierva s/n
15890 Santiago de Compostela
Teléfono 981 51 96 00 Extensión 36 - 981 93 63 24
Telefax 981 55 77 07
webmaster@codigocero.com

AETG - EGANET