Código Cero - Diario Tecnolóxico
DIARIO DIXITAL

Novas Tecnolóxicas de Galicia con boletíns por correo electrónico e edición en papel nos quioscos galegos.

PRINCIPAL   |  FOROS   |  REVISTA EN PAPEL   |  HEMEROTECA   |  O NOSO EQUIPO   |  TOP 100   |  CONTACTAR CON NÓS


Xoves, 2 de Setembro de 2010

               

Nova

ComputerWorld premia o labor da Consellería de Educación a prol das novas tecnoloxías
As vías profesionais do futuro pasan todas pola mesma peaxe: a de ter coñecementos sobre as novas tecnoloxías da información. É por iso que na educación dos máis pequenos é cada vez máis frecuente o uso do computador e ferramentas similares. Nesta liña en concreto, un dos centros máis avanzados de Galicia é o de Educación Infantil e Primaria (CEIP) Eugenio López de Cee, onde se levou a cabo un proxecto piloto de modernización que foi recoñecido este xoves co premio da revista ComputerWorld á innovación tecnolóxica. O galardón, que se entregou en Santiago durante o transcurso dun foro organizado pola devandita revista no Hostal dos Reis Católicos, recolleuno o secretario xeral da Consellería de Educación, Néstor Valcárcel, de mans do Conselleiro de Innovación, Juan Rodríguez Yuste (na imaxe).

Segundo a revista ComputerWorld, valorouse moi positivamente o compromiso de Educación coa tecnoloxía á hora de conceder o premio. En concreto, a iniciativa de Cee consistiu en incorporar novas ferramentas para mellorar a aprendizaxe, pero tamén a ensinanza, habilitando deste xeito “un vehículo de comunicación para todos os usuarios en igualdade de condicións”. Esta iniciativa sitúase no Proxecto Siega, un plan para conseguir que en Galicia o sistema educativo vaia á mesma velocidade e polos mesmos camiños cá Sociedade da Información.

Entrevista
Pablo López
Consultor e xerente de Hacce

Firma convidada
Moncho Paz
Moderador de Xanela Aberta en Código TV


















Caixa Galicia







PRINCIPAL   |  FOROS   |  REVISTA EN PAPEL   |  HEMEROTECA   |  O NOSO EQUIPO   |  TOP 100   |  CONTACTAR CON NÓS

Grupo Código Cero Comunicación
UNINOVA- Recinto MercaGalicia
Polígono Industrial do Tambre - Vía La Cierva s/n
15890 Santiago de Compostela
Teléfono 981 51 96 00 Extensión 36 - 981 93 63 24
Telefax 981 55 77 07
webmaster@codigocero.com

AETG - EGANET