O Concello da Coruña aposta pola accesibilidade O Concello da Coruña vén de sacar a concurso a
contratación da asistencia técnica para deseñar un plan de mellor acceso á
Sociedade da Información, de xeito que pretenden elaborar un plan de infoaccesibilidade que garanta o acceso ós
novos servizos a tódolos cidadáns (incluíndo ós discapacitados).
O proxecto conta con presuposto de 60.000 euros e executarase nun prazo de 6
meses. A páxina web municipal tamén será obxecto de estudio dentro do novo
plan.