Código Cero - Diario Tecnolóxico
DIARIO DIXITAL

Novas Tecnolóxicas de Galicia con boletíns por correo electrónico e edición en papel nos quioscos galegos.

PRINCIPAL   |  FOROS   |  REVISTA EN PAPEL   |  HEMEROTECA   |  O NOSO EQUIPO   |  TOP 100   |  CONTACTAR CON NÓS


Xoves, 2 de Setembro de 2010

               

Nova

Galicia é a comunidade española coa menor penetración das TIC
A enquisa sobre equipamento e uso de tecnoloxías da información e a comunicación nos fogares do segundo trimestre de 2004 realizada polo INE amosa que Galicia continúa na cola de España no uso das TIC, aumentando a fenda de separación con respecto ó ano anterior.
Así, só o 38% das vivendas galegas ten algún tipo de ordenador, en contraste co 48,1% da media estatal. En 2003 as porcentaxe eran do 36,4% e o 43,3% respectivamente, polo que vemos que o ritmo de penetración da tecnoloxía en Galicia non está á altura do resto da península.

Se miramos o número de fogares con conexión á Rede tamén temos un contraste negativo, cun 19,1% en Galicia fronte a unha media nacional do 30,9%. Ademais, a comunidade autónoma de Estremadura incrementou a penetración da Rede nun 5,6%, adiantando a Galicia (que só medrou un 2,2%) e deixándonos outra vez máis no último posto. A nivel estatal, o número de fogares con acceso á Internet incrementou nun millón.
No uso da Internet durante os 3 meses previos á enquisa os resultado galegos foron igual de negativos, cun 29,4% de internautas, mentres que a media estatal anda polo 37,5%.

Entrevista
Pablo López
Consultor e xerente de Hacce

Firma convidada
Moncho Paz
Moderador de Xanela Aberta en Código TV


















Caixa Galicia







PRINCIPAL   |  FOROS   |  REVISTA EN PAPEL   |  HEMEROTECA   |  O NOSO EQUIPO   |  TOP 100   |  CONTACTAR CON NÓS

Grupo Código Cero Comunicación
UNINOVA- Recinto MercaGalicia
Polígono Industrial do Tambre - Vía La Cierva s/n
15890 Santiago de Compostela
Teléfono 981 51 96 00 Extensión 36 - 981 93 63 24
Telefax 981 55 77 07
webmaster@codigocero.com

AETG - EGANET