Éxito hispano no concurso Best of the Blogs
O concurso internacional de bitácoras de
Internet organizado por DW-online xa ten gañadores nas súas 11 categorías, das
que 3 están lideradas polas hispanas El hombre que comía diccionarios (mellor
tema), Malarosa (mellor deseño) e Periodistas 21 (mellor blog xornalístico español).
Aínda así, o premio á mellor bitácora recaeu sobre unha páxina chinesa sobre
cans que ten coma lema “se non podes falar sobre persoas, fala sobre cans”, de
xeito que realiza analoxías entre as condicións de vida dos cans en Asia con
respecto ós países occidentais.
Aparte dos premios oficiais, tamén houbo premios especiais do público, quedando
Por um punhado de pixels como mellor bitácora.
|