Os Alcántara anunciarán na televisión as vantaxes da Internet
A familia Alcántara que protagoniza a serie de
televisión Cuéntame cómo pasó
protagonizará unha campaña para facer chegar ós cidadáns as vantaxes da
sociedade da información.
A campaña está incluída no Plan España.es
e pretende sensibilizar a todo o país, abrindo Red.es a mesma á participación empresarial
(para achegar fondos, material informático, ofertas ou a mera difusión da
campaña), para que chegue a unha audiencia o máis ampla posible.
|