Código Cero - Diario Tecnolóxico
DIARIO DIXITAL

Novas Tecnolóxicas de Galicia con boletíns por correo electrónico e edición en papel nos quioscos galegos.

PRINCIPAL   |  FOROS   |  REVISTA EN PAPEL   |  HEMEROTECA   |  O NOSO EQUIPO   |  TOP 100   |  CONTACTAR CON NÓS


Xoves, 2 de Setembro de 2010

               

Firma convidada


Moncho Paz
xornalista e consultor de xestión de IDOM

Hai uns anos comezábase a falar no mundo empresarial da Xestión do Coñecemento, coa que se daba a coñecer unha corrente encamiñada a implantar no seo das organizacións unha serie de procesos de cambio que se caracterizaban por ser sinxelos e revolucionarios ao mesmo tempo.
O denominado capital intelectual pasaba a considerarse nas empresas coma un activo máis, que tiña como apelidos o coñecemento e a experiencia das persoas. Falouse despóis da xestión por procesos orientada a toda a organización, o que se traducía nun novo xeito de dirixir a empresa para conseguir coa colaboración das persoas a mellora da calidade dos seus servicios, das súas actividades e dos seus obxectivos. Xurdía así a comparación con outros modelos, coma o Modelo Europeo, o Demming ou o Malcom Baldridge, que unificaban criterios e supoñían un recoñecemento público á figura de grandes gurús da disciplina da Calidade.
E hoxe en día, tralos recentes escándalos empresariais que provocaron a urxente necesidade dunha renovación da imaxe corporativa, estamos a vivir na era da Responsabilidade Social, onde o importante é o impacto na sociedade, as comparacións con outras organizacións, a interpretación dos resultados económicos, a transparencia e a honestidade.
Pero todas estas correntes non se poden entender sen a presencia de factores esenciais enfocados directamente á propia persoa, como son a motivación e o compromiso, que coa asunción de responsabilidade e a implicación de todos fan posible a existencia de valores compartidos e favorecen a aparición da cultura da confianza. Agora incídese de xeito moi especial nos elementos físicos e humanos do entorno de traballo, o desenvolvemento de habilidades, a comunicación interna e a importancia das novas tecnoloxías, e tamén na necesidade de medir o impacto de todo isto na conta de resultados das compañías.
Se seguimos avanzando polo camiño que nos leva hacia a consecución do elemento diferenciador que permita acadar o desexado posicionamento competitivo neste mercado global chegamos por fin á Dirección por Valores, coa que as empresas amosan claramente a súa preocupación real pola excelencia individual e o desenvolvemento das carreiras profesionais no marco das propias organizacións, e onde a persoa se prepara para “ser mellor” en tódolos sentidos e “ser capaz” de afrontar novos retos con optimismo, humildade e accesibilidade como principais características da convivencia cotián.



Outros convidados
Moncho Paz
Moderador de Xanela Aberta en Código TV
Manuel José Fernández Iglesias
Director Xeral de Comunicación Audiovisual
Moncho Paz
Moderador de Xanela Aberta en Código TV
Rede Compostela Wireless
unha ponte sobre a fenda tecnolóxica
Fernando Garrido
Membro do Observatorio para a CiberSociedade e Analista Social en ENTER
Modesto Pena
fala da Internet sen fios
Pilar Rojo Noguera
Conselleira de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado
Javier Franco Tubío
Vicedecano Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicacións de Galicia
Belén Prado Sanjurjo
Conselleira de Asuntos Sociais, Emprego e Relación Laborais


















Caixa Galicia







PRINCIPAL   |  FOROS   |  REVISTA EN PAPEL   |  HEMEROTECA   |  O NOSO EQUIPO   |  TOP 100   |  CONTACTAR CON NÓS

Grupo Código Cero Comunicación
UNINOVA- Recinto MercaGalicia
Polígono Industrial do Tambre - Vía La Cierva s/n
15890 Santiago de Compostela
Teléfono 981 51 96 00 Extensión 36 - 981 93 63 24
Telefax 981 55 77 07
webmaster@codigocero.com

AETG - EGANET