Código Cero - Diario Tecnolóxico
DIARIO DIXITAL

Novas Tecnolóxicas de Galicia con boletíns por correo electrónico e edición en papel nos quioscos galegos.

PRINCIPAL   |  FOROS   |  REVISTA EN PAPEL   |  HEMEROTECA   |  O NOSO EQUIPO   |  TOP 100   |  CONTACTAR CON NÓS


Xoves, 2 de Setembro de 2010

               

Firma convidada


Pilar Rojo Noguera
Conselleira de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado

O dereito á información

Recentemente púxose en marcha desde a Dirección Xeral de Xuventude un sistema de envío de información a través de mensaxes SMS sobre as últimas novidades ou programas ideados pola Xunta de Galicia en relación coa mocidade.

Non temos outro remedio. Un foro como Xuventude Galicia Net, que en escasos 33 segundos logra enchar un aforo limitado a 1.500 persoas, supón unha proba incuestionable da necesidade de adaptación das administracións públicas aos novos tempos se non queren camiñar por un mundo absolutamente desligado dunha gran parte da sociedade, a xuventude.

A miúdo achácase aos gobernos a súa impermeabilidade, como se tiveran interese en pechar todas as súas portas para, cando menos, frear calquera crítica ao seu traballo ou minimizar a repercusión das actuacións desacertadas. Sen embargo, o descoñecemento que o público ten das accións gubernativas non responde por regra xeral a unha intencionada xestión silenciosa, senón que a Administración amósase en moitos casos incapaz de facer chegar á poboación a súa realidade. É imposible que unha persoa se interese por un programa ou proxecto se nunca escoita falar del.

Da distorsión derivada do dereito que ten un administrado a recibir información e as dificultades que atopamos os responsables de cumprir coa obriga de facérsela chegar, obviamente non ten responsabilidade o principal perxudicado, que é o cidadán. Son os gobernos os que deben dotar de accesibilidade a súa maquinaria para que o público poida coñecer e analizar o seu funcionamento.

E neste sentido, as novas tecnoloxías, ademais de terse convertido nun instrumento de enorme calado entre a xuventude, permiten atender esa obriga dun xeito moito máis directo e universal que cos métodos ata hoxe habituais, como son os medios de comunicación tradicionais ou a moitas veces incómoda xanela, aínda que obviamente estes canales vaian continuar sendo imprescindibles.

Desde a Dirección Xeral de Xuventude, en certo modo coa exitosa experiencia de Xuventude Galicia Net como acicate, estanse a dar pasos, modestos pero firmes, para que mozos e mozas poidan exercer con todas as garantías ese dereito a estar permanentemente informados. A constante actualización da páxina web da Rede de Información Xuvenil (www.rix.org) , o sistema de alertas por correo electrónico que permiten obter ampla documentación sobre as nosas actividades e esa nova iniciativa de envío de mensaxes SMS responden a esta filosofía, como ocurrirá tamén co futuro Inxove, un organismo que crearemos para que a xuventude dispoña dunha clara referencia institucional na que verse reflectida.

Todas estas ideas están a ter, ou esperamos que así sexa no caso de Inxove, unha notable aceptación entre a mocidade. Despois de todo, o acerto de Xuventude Galicia Net sinalounos un camiño que nós debemos aproveitar e que as novas xeracións están empeñadas en facer medrar.



Outros convidados
Moncho Paz
Moderador de Xanela Aberta en Código TV
Manuel José Fernández Iglesias
Director Xeral de Comunicación Audiovisual
Moncho Paz
Moderador de Xanela Aberta en Código TV
Rede Compostela Wireless
unha ponte sobre a fenda tecnolóxica
Fernando Garrido
Membro do Observatorio para a CiberSociedade e Analista Social en ENTER
Modesto Pena
fala da Internet sen fios
Javier Franco Tubío
Vicedecano Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicacións de Galicia
Belén Prado Sanjurjo
Conselleira de Asuntos Sociais, Emprego e Relación Laborais
Manuel Balseiro
Director xeral de FEUGA


















Caixa Galicia







PRINCIPAL   |  FOROS   |  REVISTA EN PAPEL   |  HEMEROTECA   |  O NOSO EQUIPO   |  TOP 100   |  CONTACTAR CON NÓS

Grupo Código Cero Comunicación
UNINOVA- Recinto MercaGalicia
Polígono Industrial do Tambre - Vía La Cierva s/n
15890 Santiago de Compostela
Teléfono 981 51 96 00 Extensión 36 - 981 93 63 24
Telefax 981 55 77 07
webmaster@codigocero.com

AETG - EGANET