Xiaomi presenta unha cámara deportiva

luns, 2 de marzo do 2015 Marcus Fernández

A cámara deportiva GoPro Hero básica conta de grande popularidade por ser practicamente un estándar e limitar o seu prezo aos 139,99 euros, pero agora vai ter que facer fronte a un competidor a ter en conta, o fabricante chinés Xiaomi, que vén de estrear a Yi Camera, que sobre o papel incluso superaría en especificacións á cámara de GoPro á vez que mantería o seu prezo en só 399 iuans (56,87 euros).
Esta nova cámara deportiva mide só 60,4 x 42 x 21,2 milímetros, pesa 72 gramos, integra un sensor Sony Exmor R de 16 Mpíxeles retroiluminado, capaz de gravar vídeo FullHD até a 60 cadros por segundo, rexistrar 120 fotogramas por segundo a 720p e chegar incluso até os 240 cadros por segundo a 480p, dispara fotografías de 16 Mpíxeles, emprega como almacenamento tarxetas microSD de até 64 GB, pode comunicarse sen fíos por Wi-Fi ou Bluetooth 4.0 e contará con numerosos accesorios como carcasas somerxibles até 40 metros, soporte para casco e incluso arnés para mascotas.

Entre os accesorios para a Yi Camera destaca un arnés para gatos

PUBLICIDADE