Xbox celebrará os 13 anos de Halo cun festival en liña

mércores, 22 de outubro do 2014 Marcus Fernández

Microsoft quere potenciar a franquía que serve de bandeira para as súas consolas de videoxogos, Halo, e anticipándose ao lanzamento da Halo: The Master Chief Collection, que incluirá o acceso á serie de acción real Halo: Nightfall, que conta coa produción executiva de Ridley Scott, amosan o trailer oficial desta serie para ir quecendo os motores de cara á súa estrea o 10 de novembro. E para celebrar con aínda máis forza este lanzamento e os 13 anos da saga Halo, anuncian que entre os días 8 e 11 de novembro terá lugar o HaloFest.
Esta nova celebración consistirá en retransmisións mediante streaming que poderán seguirse en Xbox LIVE, Xbox.com e Twitch, permitindo que os seareiros desta franquía poidan botar unha primeira ollada a Halo 5: Guardians, vexan o primeiro episodio de Halo: Nightfall, gocen de entrevista con varios dos responsables de 343 Industries que levan tempo traballando na evolución do universo de Halo e tamén podan presenciar entre os días 8 e 9 de novembro un torneo de Halo 2: Anniversary no que grandes xogadores de todo o mundo competirán por facerse con 50.000 dólares en premios.


Trailer oficial de Halo: Nightfall

PUBLICIDADE