SICON

Deputación de Pontevedra

O noso boletín por e-mail conta xa con 3015 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

Xataka publica unha análise en vídeo do Blu:brain

martes 23 de febreiro do 2010, por Marcus Fernández | | Compartir | |

Pese a que anunciaramos que o reprodutor multimedia con disco duro e gravación de TDT en alta definición de Blusens, o Blu:brain, ía chegar ao mercado o 15 de febreiro por 399 euros, parece ser que o produto está a demorarse un pouco en chegar ás tendas, pero xa é unha realidade, e para demostralo no blog tecnolóxico Xataka publican unha análise en vídeo do dispositivo.
Parece evidente que o Blu:brain vaino ter difícil, en boa medida por chegar ao mercado bastante tarde, xa que actualmente hai moita competencia no sector dos centros multimedia con capacidades de alta definición, que normalmente presentan maior capacidade de disco, tamaño máis compacto e prezo menor, aínda que destaca fronte a estes por abrir a porta a servizos e canles por Internet, que é posiblemente o máis rechamante deste trebello, aínda que é moi posible que este tipo de prestacións veñan de serie en moitos televisores no futuro (e a propia Blusens podería traballar nesta dirección).
Pese aos puntos a favor e en contra que ten o novo produto de Blusens, hai que recoñecer que é un dispositivo ideal para a reprodución multimedia, que permite gravar da TDT (incluíndo as emisións en alta definición que van chegar nos vindeiros meses) polo que aínda que non pase a ser un líder en vendas, podería marcar o camiño a futuros desenvolvementos deste fabricante galego en prol dunha completa reprodución multimedia e dos contidos audiovisual en liña.


Vídeo coa análise de Xataka do Blu:brain
 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

 RSS