Xa podemos facer o cabra en smartphones e tablets

mércores, 17 de setembro do 2014 Marcus Fernández

Durante a pasada noite, adiantándose un par de días á data fixada inicialmente, dende os Coffee Stain Studios decidiron sorprender ao mundo estreando o seu absurdo xogo Goat Simulator en versións para iOS e para Android, de xeito que por 4,49 euros xa podemos gozar deste simulador de cabra en smartphones e tablets.
Este simulador non é un xogo ao uso, senón que estamos ante unha especie de sandbox no que podemos controlar a unha cabra facendo a meirande destrución posible, podendo crear situacións grotescas e ridículas que buscan só divertir ao usuario, incluso cos propios fallos do xogo (os seus desenvolvedores só corrixirán os erros que bloqueen a aplicación, deixando o resto por pura diversión).
No caso de dispositivos de Apple, o Goat Simulator precisa para funcionar como mínimo un iPhone 4S, un iPad 2 ou un iPod Touch de quinta xeración, mentres que en Android funciona a partir da versión 4.0.3.

Este curioso xogo permite provocar situacións moi ridículas e divertidas, carecendo dun obxectivo real que vaia máis aló de botar unhas risas

PUBLICIDADE