Nas últimas horas apareceron nos servidores de Mozilla copias da versión final do Firefox 11 en galego nas súas versións para Windows, Mac OS X e Linux, que incorpora a posibilidade de importar marcadores, historial e cookies dende Google Chrome e a sincronización de extensións en todos os navegadores que teñan Sync activado e configurado, mellora o soporte de HTML5, corrixe os problemas de funcionamento das notificacións con Growl 1.3 e superior e tamén inclúe novidades para desenvolvedores (como un editor de estilos CSS); pero curiosamente chega con advertencias sobre o feito de que a estrea do Firefox 11 coincide cunha actualización automática de Windows (o que non tería por qué dar problemas) e sobre un posible fallo de seguridade que afectaría á nova versión de Firefox (que de confirmarse recibiría o parche correspondente).
Xa podemos descargar o Firefox 11 en galego
Compartir Este Artigo

