
O certame inseriuse nas celebracións previas a un aniversario que nos colle ben de preto: o primeiro centenario do nacemento de Celso Emilio, autor entre outras obras senlleiras da xa mítica Longa noite de pedra.
Xa nun plano máis detallado, os premios quedarían así:
· 1º Premio consistente nunha cámara fotográfica dixital e impresora fotográfica: Á imaxe O estranxeiro presentada por Manuel Villar Domínguez, inspirada no poema O estranxeiro de Celso Emilio Ferreiro e realizada cun móbil Samsung W880.
· 2º Premio consistente nun marco de fotografía dixital para a imaxe 139 presentada por Ana Tuñas Puentes, inspirada no poema Os meus amigos de Celso Emilio Ferreiro e realizada cun móbil Iphone 4.
· 3º Premio consistente nun mp4: Á imaxe Son un pasmón presentada por Javier Taboada Conde, inspirada no poema Son un pasmón de Celso Emilio Ferreiro e realizada cun móbil LG eve.
· 1º Accesit consistente en material de fotografía: Á imaxe DSC00084 presentada por Raquel Pérez Feijoo, inspirada no poema O meu val de Celso Emilio Ferreiro e realizada cun móbil Sony Ericsson W715.
· 2º Accesit consistente en material de fotografía: Á imaxe 271020111656 presentada por Dafne Penélope Michelena Vázquez, inspirada no poema Os meus amigos de Celso Emilio Ferreiro e realizada cun móbil Nokia 5800 Xpressmusic.
Seis foron os poemas propostos e nos que os concursantes deberán inspirarse para realizar a captura das imaxes. e nas que nos deberon indicar o fragmento do poema escollido e o lugar onde foi realizada a fotografía: Os meus amigos, O meu val, O estranxeiro e Ourense na lembranza de Onde o mundo se chama Celanova, Son un pasmón de Longa noite de pedra e Doce outono de Viaxe ao País dos Ananos.
Xa hai gañadores do concurso de fotografía no móbil para conmemorar a figura de Celso Emilio Ferreiro
Compartir Este Artigo

