Wuaki.tv ofrecerá contidos en ultra alta definición
mércores, 26 de novembro do 2014
A plataforma audiovisual de contidos baixo demanda Wuaki.tv,
tras adiantar no
verán que ofrecerÃa contidos en ultra alta definición e presentar
a interface de usuario que inclúe o vÃdeo en 4K durante a celebración da feira
IFA de BerlÃn, confirma que a
partir de decembro estreará esta tecnoloxÃa en Alemaña e Francia, para
engadir o soporte de vÃdeo en 4K en poucas semanas tamén en Reino Unido, Italia
e España.
Dende Wuaki.tv confÃan en que os contidos en 4K gañen popularidade grazas en
boa medida á renovación de televisores propia da campaña de Nadal, e grazas á
redución de prezo dos televisores de ultra alta definición, que segundo vaian
reducindo o seu prezo poden incrementar a demanda de contidos en altas
resolucións. De feito, varios fabricantes de Smart TV inclúen xa a aplicación
de Wuaki.tv integrada nos seus equipos, o que facilitará que os consumidores
poidan tirar proveito das posibilidades das novas resolucións pese a que estean
ausentes nas plataformas televisivas tradicionais.