
A Fox chegou a un acordo con Microsoft para producir este episodio especial da serie televisiva de Seth MacFarlane, que polo momento ten o nome provisorio de Family Guy Presents: Seth & Alex’s Almost Live Comedy Show e que mesturará actuacións musicais de Padre de Familia, curtas de animación e artistas convidados, de xeito que o Windows 7 estará integrado nos contidos do espectáculo.
Entendemos que esta iniciativa non afectará ao episodio da serie previsto para tal data (Brian’s Got a Brand New Bag), senón que o complementará. No mundo real tamén terá unha contrapartida, de xeito que os personaxes da serie, Stewie e Brian, presentarán unha serie de noites de cine ao aire libre ás que poderán asistir os estudantes que proben Windows 7 nunha campaña de 12 semanas que emprenderá Microsoft nos EE.UU.

| Exemplo do tipo de curtas que emitirán no programa especial da Fox |
